O Plan Único da Deputación financia a mellora de infraestruturas en Oza Cesuras

O municipio destina parte dos fondos do POS+2019 á mellora de estradas e camiños e novas instalación de abastecemento de auga. Construirase unha estrutura cuberta para celebrar actividades no parque da Carballeira de Porzomillos

A Deputación da Coruña, a través do Plan Único, colaborará co Concello de Oza-Cesuras na mellora de distintas infraestruturas e servizos municipais.

O Concello vén de sacar a licitación pública catro obras que suporán un investimento superior aos 310.000 euros, dos que 276.000 serán achegados cos fondos deste plan provincial de apoio ás obras e servizos municipais.

Entre elas, cun investimento de 121.661 euros, destaca a creación dunha nova estrutura cuberta e aberta nos laterais para a celebración de actividades e reunións no parque da Carballeira de Porzomillos. A estrutura terá unhas dimensións de 41×22 metros e executarase en aceiro galvanizado sobre a superficie pavimentada existente.

A mellora de estradas e camiños municipais será tamén obxecto dos investimentos do Plan Único no municipio coa construción de beirarrúas e instalación de pluviais e saneamento no lugar de Vilar de Costoia (Porzomillos) e a substitución do pavemento das beirarrúas en Burricios (A Regeuira), ambas nas marxes da estrada AC-840. Levarase tamén a cabo o aglomerado de máis de 4,2 quilómetros pistas en distintos núcleos rurais do municipio coma Seixeda, Rilo, Os Curras ou Os Ferreiros.

Finalmente, acometerase a conexión da estación de bombeo de A Graña á rede xeral de abastecemento de auga de Oza-Cesuras, o que permitirá dotar ás vivendas da zona dun maior caudal de suministro de auga potable.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.