O PSdeG anima á Valedora a continuar “con contundencia” as investigacións sobre as “múltiples deficiencias” nas residencias de maiores iniciadas no 2019

Isaura Abelairas recorda que está paralizada unha investigación sobre o trato que reciben maiores usuarios da residencia DomusVi de Barreiro en Vigo

A deputada socialista, Isaura Abelairas, demandou este venres á Valedora do Pobo “continuar e con contundencia” as investigacións sobre residencias de maiores paralizadas coa declaración do Estado de Alarma pola covid-19. Abelairas lamentou que a pandemia paralizase unha investigación iniciada no 2019 na residencia de maiores DomusVi de Barreiro, en Vigo sobre o trato aos usuarios.

No seo da comisión de peticións na que este venres se deu conta do informe da Valedoría do Pobo do 2019, Isaura Abelairas lembrou que en concreto, a investigación analiza “o abuso denunciado por familias dos sistemas de suxeicións dos maiores ás camas”, unha práctica, “que segundo temos coñecemento por traballadoras vén sendo habitual nas DomusVi pola falta de persoal e na que debemos poñer toda a nosa atención”.

Ao fío disto, Abelairas tamén recolleu as actuacións da Valedora en relación “á necesidade de poner en marcha medidas dende a Xunta para evitar o falecemento dos nosos maiores en soidade”. Nun contexto de pandemia, “a vulnerabilidade dos maiores e o deficiente modelo de residencias quedou evidenciado máis ca nunca”, censurou a socialista.

HAZTE OÍR

Por outra banda, Isaura Abelairas salientou a queixa colectiva presentada na Valedoría sobre o reparto por parte da asociación “ultradereitista Hazte Oír” duns folletos que atentaban contra a realidade LGTBI no eido da educación. Neste sentido, censurou que as queixas sobre este asunto “non puideron ser concluídas pola Valedora pola falla de resposta” da Consellería de Educacion. A deputada cualificou de “inadmisible esta actitude por parte da Consellería tratándose dun asunto tan vital, que atenta contra os dereitos das persoas LGTBI”.

PRECARIEDADE NO SERGAS

En canto a sanidade, Abelairas salientou que o informe presentado pola Valedora “recolle un ano máis a preocupación” de galegas e galegos en relación da sanidade pública.

A deputada lembrou que “aínda que este informe fala de 2019, ano no que ninguén auguraba o que estaba por vir”, moitos dos asuntos que o protagonizan “cobran sen dúbida, máis valor aínda”. En concreto, a deputada recolleu a parte do informe no quese  reflicte que “unha das principais fontes de queixas no plano laboral chegan do persoal do Servicio Galego de Saúde pola súa precariedade e eventualidade”.

Neste sentido, a parlamentaria manifestou que “o novo conselleiro debe atender dunha vez por todas” pola “conciliación e a estabilidade” das e dos profesionais do SERGAS, e pola “calidade do servizo que reciben as galegas e galegos” estas demandas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.