Petición en change.org de intervención do Concello de Ourense (baseandose no art. 61 da Lei Rexime Local)

Diante da situación que vive o Concello, ourensáns e ourensás temos a obriga moral expresar publicamente o noso desacougo e reivindicar o que entendemos que a cidadanía de OURENSE ESIXE.

Ainda que semelle o contrario, cos actores e actrices actuais e que conforman a aristocracia do mundo da política no Concello de Ourense é todo moi previsible. O que está a pasar non é que chegue por sorpresa, é o resultado de moitos factores e praxes nos que priman máis os intereses particulares que a ética política. Todo elo lévanos a unha menestra que revolve as tripas, un maridaxe político forzado entre o Concello e a Deputación –auténticos vasos comunicantes en perxuizo da sociedade- que non se ve en ningún lado nin é asumible.

Pensar que a cidadanía é parva é un grande erro. Non é unha cuestión da que sexan responsabeis únicos os que, para ben ou para mal,  aparecen sempre na foto; na realidade tod@s @s que forman parte da corporación teñen a súa cuota de responsabilidade (sen excepcións, ben sexa polo que fan ou polo que son incapaces de facer porque, no fondo, a ambición común que sempre os une é manterse dentro da esfera das achegas económicas de cada mes e do lobby de intereses de Concello e Deputación).

É unha mágoa que ate agora teña a cidadanía que asistir como espectadora o teatrillo, por eso é tempo de chamar a sociedade para visibilizar un OURENSE que ESIXA e dea un paso adiante PEDINDO FORMALMENTE A INTERVENCIÓN DO CONCELLO DE OURENSE (baseandose no art. 61 da Lei Reguladora das Bases de Réxime Local) e a destitución da Corporación local. Porque esa sería posiblemente a mellor, por non dicir a única, solución para Ourense.

ARTIGO 61 DA LEI REGULADORA DAS BASES DE RÉXIME LOCAL

  1. 1. O Consello de Ministros, a iniciativa propia e con conocimineto do Consello de Goberno da Comunidade Autónoma correspondente ou a solicitude deste e, en todo caso, previo acordo favorable do Senado, poderá proceder, mediante Real Decreto, á disolución dos órganos das Corporacións locais no suposto de xestión gravemente dañosa para os intereses xerais que supoña o incumprimento das suas obrigas constitucionais.

61.2. Acordada a disolución, será de aplicación a lexislación electoral xeneral en relación á convocatoria de eleccións parciais e á provisional administración ordina-ria da Corporación.

Xa que logo, o Consello de Ministros, segundo a lei, pode proceder mediante Real decreto “á disolución dos órganos das corporacións locais no suposto de xestión gravemente dañosa para os intereses xerais que supoña incumprimento das súas obrigas constitucionais”

É o momento de instar, por iniciativa popular e mediante a recollida de sinaturas, que o Consello de Ministros e a Xunta de Galicia fagan uso da Lei en salvagarda dos lexítimos intereses da sociedade Ourensá –cidadanía, PYMES e colectivos-; sinaturas que, chegado o caso, poderían acompañarse presentando diante do Xulgado unha denuncia pola “xestión gravemente dañosa para os intereses xerais”

Xa que logo todas e todos NÓS, que vivimos en Ourense e non “de Ourense”, asinemos esta iniciativa e mobilicemonos dando un paso adiante público, inclusivo, común e participativo co obxectivo de instar unha alternativa diferente da que nos preparan os de sempre para facer ver que todo cambia e que, na realidade, todo siga igoal.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.