Primordiais achega tradición e modernidade ao Círculo das Artes de Lugo

O vindeiro venres día 25 de setembro, as 20 h, terá lugar no Círculo das Artes de Lugo o concerto de Primordiais, a segunda proposta deste Acervos Sonoros, ciclo patrocinado polo Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021, que está a achegar á cultura galega as vilas e cidades de toda Galicia.

Inaugurado o pasado domingo con Sabela King no Astaleiro da Banda de Tui, recollen o testigo este particular dúo formado por Marcelo DoBode e Luis Martíns, dous músicos do ámbito da música folk galega máis actual. Primordiais invítanos a unha viaxe polas hortas nas que crece e aflora toda a beleza que une a arpa coa voz e a percusión máis terreal.

Marcelo DoBode é un artista multidisciplinar cunha extensa carreira nas músicas tradicionais. Mestre recopilador do legado etnográfico das músicas de raíz de Galicia, traenos  magníficas composiciones baseadas e nacidas da tradición. Estas, fusionadas co son da arpa, fan que a música tradicional galega respire para seguir crecendo, pero amosando os seus tons máis actuais.

Luis Martíns é luthier de instrumentos de corda, destacando principalmente coa arpa, e é tamén músico do ámbito folk e da música tradicional. A súa arpa aporta unha luz única ás melodías e a voz epercusión do seu compañeiro.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.