Proxecto Ríos volve este domingo na XIII Limpeza simultánea de Ríos en Lugo

O vindeiro domingo 27 de setembro pola mañá, ADEGA Lugo coordina dentro do Proxecto Ríos, a XIII Limpeza simultánea de Ríos na cidade de Lugo, en diferentes treitos do Rato e do Miño

O Proxecto Ríos é un programa de Educación e Voluntariado Ambiental que ten a finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación.

A XIII Limpeza Simultánea “Móllate polos ríos” celebrarase este ano en 49 concellos de toda Galiza, e participarán máis de 60 entidades (asociacións, concellos, colectivos ecoloxistas, delegacións de ADEGA, centros de ensino…). A limpeza  mobilizará a numerosos voluntarios e voluntarias que se desprazarán aos ríos destes 49 concellos para deixalos libres de lixo, nunha xornada de voluntariado ambiental e concienciación social.

Para participar é preciso inscribirse antes do venres 25 ás 15h chamando ao 982.240299 ou ben escribindo a adegalugo@adega.gal, indicando o nome, apelidos, DI, e teléfono de contacto.

As persoas voluntarias serán agasalladas cunhas máscaras co lema da limpeza. Todas as actividades contemplarán as indicacións pertinentes relacionadas coa situación de pandemia orixinada pola COVID-19.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.