Temple flamenco actúa o domingo na Fábrica de Perillo

Os artistas Joselete El Boquerón, Karlos Barral e Carolina Blanco ofrecerán un espectáculo de danza purista, guitarra, cante, percusión e baile flamenco no centro cultural A Fábrica, en Perillo, este domingo ás 20:30 horas. As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, a un prezo de 2,50 euros

Ante a situación sanitaria, e seguindo as directrices das autoridades, a capacidade da sala estará limitada. Será obrigatorio manter a distancia de seguridade e asistir con máscara, así como atender as indicacións e normas da organización.

Este espectáculo cultural organizado polo Concello de Oleiros forma parte da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.