17° Ribeira Sacra Festival premio “Best Small Festival” de los Iberian Awards

17° Ribeira Sacra Festival fíxose este sábado 17 de outubro co galardón Best Small Festival nos Iberian Festival Awards, premios que recoñecen aos mellores festivais de España e Portugal en diferentes categorías.
17° Ribeira Sacra Festival é, desde os seus inicios, un festival diferente, de proximidade, que pretende visibilizar toda a riqueza dun territorio como a Ribeira Sacra, e que xera experiencias únicas entre o público e os artistas. Cada concerto convértese nun verdadeiro roteiro de paisaxes naturais, miradoiros, canóns, adegas ou paradores dunha zona candidata a Patrimonio da Humanidade en 2021.
O Festival, que xa contaba cun primeiro nomeamento na mesma categoría aos Iberian Festival Awards pola súa edición de 2018, logrou celebrar nun formato especial a súa cuarta edición do 31 de xullo ao 2 de agosto.