O grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega organiza unhas xornadas sobre Carvalho Calero na Facultade de Filoloxía

O Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega (ILLA: https://illa.udc.gal/) organiza, co apoio da Comisión de Cultura da Facultade de Filoloxía, as xornadas “Arredor de Carvalho Calero”.

Con esta actividade, inicialmente prevista para o mes de abril, o grupo quere incidir “na divulgación da figura e da obra do profesor Ricardo Carvalho Calero, referencia cívica e intelectual da Galiza do século XX”.

As xornadas desenvolveranse os días 19, 20 e 21 de outubro, ás 13:00 horas, de acordo co seguinte programa:

Día 19: “Carvalho Calero, cidadán”, coa participación de Pilar García Negro e Henrique Rabuñal

Día 20: “Carvalho Calero, creador”, coa participación de Manuel Castelao e Laura Tato

Día 21, “Carvalho Calero, estudioso”, coa participación de Mario Regueira e Xosé Manuel Sánchez Rei

Todas as sesións terán lugar no Salón de graos da Facultade de Filoloxía cumprindo coas normas hixiénicas e sanitarias vixentes na UDC.

O grupo ILLA foi pioneiro na organización de reunións científicas dedicadas á figura e á obra do ilustre profesor ferrolán: no ano 2000, organizaron Ricardo Carvalho Calero. Memoria do século [https://ruc.udc.es/dspace/handle/2183/10528] e, no ano 2010, Ricardo Carvalho Calero. Ciencia, literatura e nación [https://ruc.udc.es/dspace/handle/2183/12716].

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.