A Cátedra Hijos de Rivera- UDC presenta a primeira edición do seu premio á mellor tese de doutoramento en desenvolvemento sostible

A través deste galardón, a entidade pretende recoñecer os traballos de investigación que contribúan de forma destacada a avanzar neste ámbito.

Os interesados en optar ao I Premio Cátedra Hijos de RiveraUDC, dotado con 5.000 euros, terán a oportunidade de presentar os seus traballos ao longo deste mes de outubro. Poderán participar os doutores que obtivesen o seu título na Universidade da Coruña durante os anos 2019-2020 mediante a realización dunha tese de doutoramento relacionada dalgunha forma co desenvolvemento sustentable e que supoña un avance significativo nese campo. As bases están dispoñibles na web https://bit.ly/33YbFI5

Cátedra Hijos de Rivera- UDC de Desenvolvemento Sustentable

A Cátedra Hijos de Rivera-UDC de Desenvolvemento Sustentable créase en febreiro de 2019 e regula a colaboración entre a Universidade da Coruña e Corporación Hijos de Rivera co fin de fomentar o intercambio de experiencias no campo da docencia, a investigación e a cultura en xeral. A iniciativa responde o compromiso da compañía galega coa súa contorna e a súa forte vinculación coa agricultura, orixe do 100% das materias primas dos seus produtos.

Se presenta la primera edición del Premio Cátedra Hijos de Rivera-UDC a la mejor tesis doctoral en desarrollo sostenible con el objetivo de reconocer y potenciar los estudios que contribuyan a avanzar en ese campo

O principal obxectivo da Cátedra é explotar modelos innovadores e disruptivos que garantan o equilibrio entre a competitividade económica, o respecto ao medio ambiente e o avance social. A idea é facilitar á comunidade universitaria e á sociedade, unha visión analítica sobre a importancia estratéxica de alcanzar un desenvolvemento socioeconómico compatible co medio ambiente.

La Cátedra Hijos de Rivera-UDC de Desarrollo Sostenible trabaja en el estudio de modelos innovadores que garanticen el equilibrio entre la competitividad económica, el respeto al medio ambiente y el avance social.

A cátedra está adscrita á Facultade de Economía e Empresa da UDC e ao Campus de Sustentabilidade e plantexa a posta en marcha de actividades de investigación, encontros entre diferentes actores interesados, seminarios sobre experiencias e modelos de transformación socioeconómica, así como propostas de formación e divulgación relacionadas co desenvolvemento sustentable.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.