A Deputación A Coruña organiza tres xornadas formativas para mellorar a xestión forestal e reducir o risco de incendios

Realizaranse de xeito telemático e son totalmente gratuítas. Forman parte do proxecto europeo GEFRECON, no que xunto á Deputación da Coruña participan outras 10 entidades españolas e portuguesas

A Deputación da Coruña celebrou o pasado venres, 23 de outubro, a primeira das tres xornadas formativas que organiza e que están dirixidas a mellorar a xestión forestal e a reducir o risco de incendios. Estas accións, que se realizan de xeito telemático e son totalmente gratuítas, forman parte do proxecto europeo GEFRECON.

O proxecto europeo GEFRECON “Xestión Forestal Conxunta para Prevención de Incendios no Territorio” é unha iniciativa cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do Programa Operativo de Cooperación Transfronteriza España – Portugal (POCTEP)no que participa a Deputación da Coruñaxunto con outras nove administracións, empresas e entidades públicas de España e Portugal.

Na primeira das tres xornadas presentáronse as ferramentas web elaboradas no proxecto durante a anualidade 2020 e que tocan diferentes problemáticas vinculadas á xestión forestal: ‘GIS’, ‘GEFINCAS’ e ‘FERRAMENTOTECA’.

  • GIS: permite avaliar o recurso forestal e cuantificar a cantidade de biomasa forestal residual nun área determinada, así como o coste da súa extracción e transporte.
  • GEFINCAS: unha aplicaciónweb que permite aos propietarios de fincas dar visibilidadeás súas fincas para ser xestionadas ou adquiridas por un terceiro.
  • FERRAMENTOTECA: ten como propósito facilitar a xestión compartida de maquinaria e facilitará a reserva de equipamento forestal compartido entre os usuarios dos plans pilotos que se desenvolveran no marco do proxecto.

Estas ferramentas web atópanse dispoñibles na propia web do proxecto. As dúas xornadas de presentación restantes se celebrarán os días 30 de outubro e 2 de novembro ás 10 horas e todas as persoas interesadas en participar poden apuntarse de xeito gratuíto cumprimentando o seguinte formulario online.

GEFRECON

A través deste proxecto o que se pretende é desenvolver accións conxuntas innovadoras que permitan reducir o risco de incendios forestais mediante o desenvolvemento e implementación de plans conxuntos, a sensibilización da poboación, a información e formación en  autoprotección e a promoción da creación de empresas forestais. En definitiva, o seu obxectivo último é reducir o risco de incendios forestais no territorio POCTEP a través dunha xestión forestal innovadora conxunta e á mobilización da poboación, empresas e actores do territorio partindo da sensibilización, información e formación.

GEFRECON conta cun orzamento total de 1.000.324,52 €, financiados ao 75% con fondos FEDER a través do programa Interreg-V España-Portugal, dos que 116.240 € serán destinados a actuacións na provincia da Coruña.

Neste proxecto europeo participan un total de 10 entidades, 6 españolas e 4 portuguesas. Entre as primeiras se atopa a Deputación da Coruña, a Deputación de Ávila (que exerce de coordinadora), o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) a Junta de Castilla y León a través do Ente Público Rexional da Enerxía (EREN); Monte das Navas, empresa municipal do concello das Navas do Marqués, e a Fundación Santa María la Real, con sede en Palencia, que aporta a  súa experiencia en conservación do patrimonio cultural e natural. En canto aos catro socios portugueses, estes son: a Comunidade Intermunicipal do Alto Minho, Centro da Biomassa para a Energia, AgênciaRegional de Energia e Ambiente do Interior (ENERAREA), e a Associação das Agências de Energia e Ambiente (Rede Nacional, RNAE).

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.