A Deputación da Coruña chama á reflexión en torno ao papel das mulleres no medio rural e comprométese a adoptar medidas para garantir a mellora da súa situación

Hoxe, xoves 15 de outubro, conmemórase o Día Internacional das Mulleres Rurais e a Deputación da Coruña súmase ás voces que chaman á reflexión en torno ao papel das mulleres no medio rural e comprométese a adoptar medidas apropiadas para garantir unha mellora na situación das mulleres nas zonas rurais.

O noso obxectivo como institución é avanzar mediante políticas de igualdade cara un futuro limpo de inxustiza social. Por iso recoñecemos o papel esencial das mulleres para asentar poboación, para loitar contra o envellecemento dos nosos pobos e defendemos a súa visibilización e empoderamento como estratexia para o cambio social, económico e cultural necesario para a construción dun futuro en igualdade.

Comprometémonos a continuar traballando na promoción de actuacións, programas e estratexias dirixidas a garantir oportunidades laborais e facilitar medidas de conciliación e corresponsabilidade que permitan o seu pleno desenvolvemento persoal, familiar e laboral.

Reafirmamos o noso compromiso coa inclusión da perspectiva de xénero en todas as nosas políticas e apostamos polo incremento de mulleres en postos de toma de decisións en todos os ámbitos, incluíndo a nivel político e na actividade económica do medio rural.

E, por último, reivindicamos a necesidade de garantir a financiación suficiente para levar a cabo as competencias en materia de igualdade e asegurar a implantación de todas as iniciativas necesarias para garantir a igualdade efectiva das persoas en todos os municipios da provincia.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.