A Deputación desbloquea a obra da estrada Mera-Veigue

Ante o incumprimento das obrigas da empresa adxudicataria, a Deputación deu por finalizado o contrato de ampliación desta estrada. Agora iniciarase unha nova licitación para poder finalizar as obras

Este asunto someterase a aprobación no próximo pleno provincial para sacar a obra a contratación, que estaba paralizada despois de que a empresa adxudicataria incumprira o contrato. “Denunciei este tema en varias ocasións. Primeiro porque a empresa que estaba contratada non cumpriu e a Deputación rescindiulle o contrato. Despois porque cando en febreiro xa estaba todo acordado para sacala novamente a contratación aínda estamos agora falando disto… Agardo que xa non haxa máis demoras nin problemas para que se poida circular canto antes con seguridade, tanto peóns como vehículos, por esta estrada que une Mera coa vía Ártabra e con Veigue”, dixo o deputado Ángel García Seoane.

Esta vía, de 2 km de lonxitude, conecta Mera e Veigue coa vía Ártabra. Con esta obra crearanse beirarrúas e ampliarase a calzada. Ten un importe de 575.816,35 euros.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.