A Deputación inviste preto de 300.000 € para a construción dunha senda peonil no núcleo de Peiro, en Culleredo

O proxecto acaba de saír a licitación e permitirá mellorar a seguridade viaria nun tramo con gran cantidade de vivendas e que carece dun itinerario peonil

A Deputación da Coruña vén de publicar na Plataforma de Contratación do Estado a licitación do proxecto para a construción dunha senda peonil na DP-3109 ao seu paso polo núcleo de Peiro, no Concello de Culleredo.

As obras, que supoñen un investimento de 291.695,03 euros, permitirán mellorar a seguridade viaria nun tramo que conta cunha gran cantidade de vivendas e que non dispón dun itinerario peonil cómodo e seguro.

A actuación consistirá na execución dunha senda peonil de formigón entre os PK 6+850 e 7+650 da DP-3019 en ambas marxes da vía provincial e, nas entradas a garaxes e fincas o pavimento será substituído por adoquín prefabricado sobre formigón para evitar a fisura do primeiro debido ás cargas de tráfico que soportará. O pavimento da estrada, que constará de 2 carrís de 3 metros de ancho separados da senda por un bordo, simplemente se acondicionará xa que actualmente se atopa en bo estado. Tamén está prevista a instalación da sinalización vertical e horizontal, así como o balizamento e as proteccións necesarias.

As empresas interesadas poden presentar ofertas ata o 17 de novembro e período de execución dos traballos é de tres meses.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.