A Facultade de Ciencias da Saúde da UDC entrega a súa Medalla de Ouro ao terapeuta estadounidense Gary Kielhofner, in memoriam

De forma virtual a través da plataforma Teams (https://bit.ly/35DKKk8) terá lugar hoxe martes, 27 de outubro, ás 18:00 horas, o acto de conmemoración da Medalla de Ouro de Terapia Ocupacional que organizan conxuntamente a Facultade de Ciencias da Saúde da Universidade da Coruña e o Colexio Oficial de Terapeutas Ocupacionais de Galicia (Cotoga)

O reitor, Julio Abalde, presidirá o acto de entrega da Medalla de Ouro de Terapia Ocupacional 2020, in memoriam, ao terapeuta da Universidade de Illinois, Chicago, Gary Kielhofner. Ademais do reitor estarán presentes a decana da Facultade de Ciencias da Saúde, Adriana Ávila, e a presidenta do Cotoga, Pilar Blázquez.

A celebración contará cunha conferencia da directora do Model of Human Occupation Clearinghouse da Universidade de Illinois, Chicago, Renée Taylor.

Gary Kielhofner foi un científico social estadounidense e un influente teórico da terapia ocupacional. Profesor da Universidade de Illinois, Chicago, fíxose coñecido polo seu modelo de práctica conceptual, coñecido como o Model of Human Occupation. En 2017, durante o centenario da terapia ocupacional foi homenaxeado pola Asociación Estadounidense de Terapia Ocupacional coa súa inclusión na listaxe dos cen terapeutas ocupacionais máis influentes na historia.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.