A Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC organiza co Centro Padre Rubinos unha xornada de intervención en saúde mental de persoas sen fogar

A Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña organiza, en colaboración co Centro Integrado de Asistencia Social Padre Rubinos a “XI Xornada de Persoas sen Fogar. A intervención en saúde mental

O obxectivo desta xornada será tratar diferentes modelos de intervención con persoas sen fogar que conviven cunha enfermidade mental. Con máis de 180 persoas inscritas, a xornada terá lugar o día 5 de outubro de xeito virtual.

Nesta ocasión, a inauguración das xornadas correrá a cargo da Vicerreitora de Internacionalización e Cooperación da Universidade da Coruña, Pilar García de la Torre, e do Presidente da Real Institución Benéfico Social Padre Rubinos, Eduardo Aceña.

Entre outras intervencións, destacar a de Rubén de Pedro Ullarte, xefe do servizo de adultos da rede de Saúde Mental de Bizkaia, pertencente a Osakidetza (Servizo vasco de Saúde); Mónica Macía do Instituto para la Evaluación de Políticas Publicas; Miguel Salas Soneira, profesor da área de Psicoloxía e Educación da Universidade Oberta de Catalunya e Miriam Rodríguez Sierra, Coordinadora da mesa sociociosanitaria da cidade da Coruña.

Consulta o programa completo destas xornadas

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.