A Plataforma Sanitaria da Mariña reúnese hoxe cos comités de empresa da factoría de alúmina- aluminio e empresas auxiliares

O colectivo sanitario trasládalle de novo o seu total apoio á loita polo mantemento dos empregos e a continuidade da fábrica

Integrantes da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña veñen de manter unha reunión cos Comités de Empresa da factoría e empresas auxiliares, na que lle amosaron e tarsladaron de novo  todo o seu apoio na loita que veñen mantendo desde hai moitos meses, polo mantemento de preto de mil postos de traballo e pola continuidade da  fábrica de aluminio.

O industria do aluminio é unha actividade estratéxica e debe seguir producindo aluminio e alúmina nesta comarca; non se entendería que os gobernos da Xunta e do Estado permitisen que unha multinacional, que se estivo a beneficiar durante moitos ano de subvencións “ libres de polvo e palla”, sen prácticamente  facer investimentos , fixera efectiva unha fuxida previa parada das cubas, deixando na rúa a preto dun milleiro de familias e cun impacto brutal sobre a economía da Mariña.

A Plataforma Sanitaria fai un chamamento para apoiar a manifestación do proximo sábado 24 de outubro en Lugo

A Plataforma Sanitaria adhírese unha vez máis ás reivindicacións da industria do aluminio da Mariña e fai un chamamento a veciños e veciñas da comarca para que acudan á manifestación que o vindeiro sábado  día 24 sairá  ás 11 horas do edificio multiusos da Xunta de Galicia , en Lugo, e rematará diante da subdelegación do goberno. O futuro da comarca depende , en gran medida da permanencia desta industria, pois debemos lembrar que representa preto do 30% do PIB da provincia, e xenera  milleiros de empregos directos e indirectos na Mariña. Perder esta industria  significaría a desertización industrial da comarca, obrigando a gran parte da poboación á emigración.Segundo  explica a coordinadora da plataforma sanitaria, Montse Porteiro, “temos que continuar a  pelexar man con man pola actividade industrial da Mariña e por una sanidade pública digna e de proximidade, posto que tanto unha como a outra foron os obxectivos dos agravios máis brutais destes últimos anos”. No mesmo sentido manifestouse o portavoz do colectivo sanitario, Víctor Vila, quen engadiu que “A Mariña sálvase loitando e unida, ben sexa na sanidade, na industria o nas reivindicacións  sobre infraestruturas”.

Desde a Plataforma sanitaria apelan á responsabilidade de todas as persoas para respectar e acatar todas as medidas dictadas polas autoridades sanitarias nas reivindicacións.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.