A tenda oficial da USC inicia unha nova etapa no Colexio de Fonseca

A tenda corporativa da Universidade abriu este xoves as portas do seu novo emprazamento no claustro do Colexio de Fonseca. Co gallo de celebrar esta nova etapa, todas as persoas que visiten a tenda recibirán un agasallo ata fin de existencias, alén de gozar de descontos á hora de adquirir produtos.

Neste senso e ata o luns 9 de novembro, as persoas que merquen na tenda oficial poderán beneficiarse dun desconto do 25% nos produtos adquiridos e non acumulables a outros descontos. No caso dos libros, a rebaixa será do 15%.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.