A Universidade da Coruña organiza o Foro Avanza Virtual de axuda ao alumnado no seu paso ao mercado laboral

A Vicerreitoría de Estudantes, Participación e Empregabilidade da Universidade da Coruña, organiza o Foro Avanza, en edición virtual este curso, os días 10, 11 e 12 de novembro, para axudar ao alumnado a mellorar as súas perspectivas de incorporación no mercado laboral

A vicerreitora María José Lombardía inaugurará as actividades o primeiro día, ás 10h., para dar paso ás diferentes intervencións que explicarán ao estudantado opcións e destrezas para mellorar a súa empregabilidade.

O Foro Avanza, como nas anteriores edicións, baséase en tres actividades fundamentais para a empregabilidade de calquera estudante ou persoa egresada: emprego, emprendemento e contacto coas empresas. Inclúe distintas actividades desenvolvidas polo persoal técnico das empresas, profesionais recoñecidos do emprego público e privado, especialistas nas distintas temáticas. Explicaranse programas específicos para o emprendemento da mocidade universitaria; a saída laboral do emprego público; como preparar unha entrevista de éxito; como crear un bo curriculum vitae; as oportunidades de emprego, prácticas e voluntariado en Europa, como usar LinkedIn para buscar emprego ou potenciar a marca persoal, entre outros contidos.

As actividades organizadas inclúen presentación de empresas como PwC, Garrigues, APPLUS+, Indra, etc que ademais de atender ás dúbidas do alumnado recollerán curriculums. O estudantado deberá inscribirse antes do 9 de novembro.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.