Acto público aberto Plan de Prevención de Incendios Forestais de Viveiro

No pasado pleno de setembro aprobouse o Plan Municipal de Prevención de Incendios Forestais, polo que o concello de Viveiro conta por fin cun documento tan necesario que servirá para dar cumprimento á lei sobre a xestión da biomasa forestal nunha franxa de 50 metros perimetral ao suelo urbano, do núcleo rural e urbanizable, arredor de edificacións, viviendas illladas e gasolineiras do termo municipal

Nesa mesma sesión plenaria, tendo en conta a transcendencia da aprobación de dito documento que suporá dar cumprimento das normas que establece e polo tanto realizar cortas, “dende o BNG instamos ao goberno do PSOE a realizar as seguintes actuacións”:

  • Organizar e desenvolver unha Campaña Informativa seria que abarque a todas e cada unha das parroquias do termo municipal viveirense para dar a coñecer  a toda a veciñanza, e principalmente aos propietari@s e/ou comunidades de montes afectad@s, o Plan aprobado e as normas que recolle de obrigado cumprimento.
  • Poñer a disposición da veciñanza de Viveiro, nun lugar visible da web oficial do concello, un visor de delimitación da rede secundaria de faixas de xestión da biomasa forestal do concello de Viveiro para poder consultar cales son os terreos e ou parcelas incluídas na rede de faixas, e a listaxe completa de especies nas cales, con carácter xeral, non poderà haber eucaliptos, pinos, acacias, toxos, silvas, felgos, etc..
  • E por último, instamos ao goberno municipal a estudar vías de colaboración coa veciñanza que solicite axuda para a limpeza e retirada das especies prohibidas nas faixas de seguridade delimitadas no Plan Municipal.

“Tendo en conta que o goberno do PSOE non puxo en marcha ningunha das iniciativas e deu a calada por resposta, o BNG de Viveiro inicia unha serie de actos públicos que terán lugar en distintas parroquias para explicar e dar a coñercer as normas de obrigado cumprimento que supoñen dito plan á veciñanza de Viveiro”, declaran dende a formación nacionalista.

O primeiro acto, terá lugar na parroquia de Galdo, no edificio do antigo colexio, o vindeiro venres 9 de outubro a partir das 19:30h no que participarán a deputada provincial de Lugo encargada da Área de Medio Rural, Mónica Feire Rancaño, Eloi Cabanas Ramos, brigadista forestal e Míriam Bermúdez García, Concelleira do BNG en Viveiro ao que convidan a participar a toda a veciñanza das ditinitas parroquias e as comunicades de montes do concello de Viveiro.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.