Alberto Núñez Feijóo, reivindicou hoxe os valores e principios da Xeración Nós, que permanece fiel a un galeguismo de concordia

“A Xeración Nós percorre a nosa cultura, a retrata e a rescata”, dixo, lembrando que, a partir dese fito que marca aquela congregación de talento e empuxe, a cultura galega ten un lugar relevante e imprescindible na sinfonía das grandes culturas do mundo.

Durante a inauguración da exposición Galicia, de Nós a nós, Feijóo salientou que malia que cada un dos que a integran era de por si un intelectual de proxección extraordinaria, deciden sumar o seu talento para facer da cultura galega unha cultura sen murallas.

“Aquela revista Nós que sae á luz hai cen anos, ten unha característica especial. Ao redor dela xa non se moven pensadores e creadores meritorios eivados polo illamento, senón que existe toda unha xeración agrupada e conxurada para unha acción común”, incidiu, sostendo que nese momento, a nosa cultura pasa da heroica resistencia de antano a unha posición expansiva.

Alberto Núñez Feijóo, reivindicou hoxe os valores e principios da Xeración Nós, que permanece fiel a un galeguismo de concordia e onde se atopan as orixes culturais “da Galicia que somos”

Ao longo da súa intervención, o titular da Xunta destacou e agradeceu o traballo dos comisarios Ana Acuña e Alfonso Vázquez Monxardín, así como a colaboración institucional da Deputación de Ourense, para dar continuidade a un ciclo de exposicións iniciado con Galicia, un relato no mundo.

Feijóo concluíu destacando entre as máis de 300 pezas procedentes de 64 institucións culturais e coleccionistas privados que conforman a mostra, os 134 números da Revista Nós, que poderán ser admirados polos visitantes, e a Carta Xeométrica de Galicia, que Ramón Otero Pedrayo tiña na súa casa, obra de Domingo Fontán e rematada en 1834, cando aínda non existían en España mapas tan detallados.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.