Arroxo: “Este mércores habilítase un paso peonil seguro que une a rúa Quiroga Ballesteros coa praza da Soidade”

“O desenvolvemento dos traballos está a avanzar a maior ritmo do previsto”, declarou Rubén Arroxo

O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, informou dos avances nos traballos de peonalización da rúa Quiroga Ballesteros. Arroxo informou que “o desenvolvemento da actuación continúa a avanzar a maior ritmo do previsto” e anunciou que “durante o día de mañá se habilitará un paso peonil seguro para comunicar Quiroga Ballesteros coa praza da Soidade”.

O paso peonil habilitarase sobre unha zona na que xa están realizados todos os traballos de execución das diferentes instalacións, ademais do control arqueolóxico. “Mentres se continúen a executar os distintos traballos na contorna, habilitarase un paso peonil de formigón que contará con iluminación para aumentar a seguridade”, explicou Rubén Arroxo. A iluminación a colocar será provisional mentres non se realice a instalación das luminarias definitivas. Desde a concellería de Infraestruturas Urbanas estase traballando da man coa empresa adxudicataria da actuación para axilizar o máximo posíbel a apertura da zona peonil. Se o ritmo de traballo pode manterse, nun prazo de 15 días estímase habilitar de novo a porta da Praza de Abastos que dá á escalinata de Santo Domingo.

O proxecto inclúe a renovación do saneamento, as instalacións eléctricas e o alumeado público, ademais da renovación de rexistros e o mobiliario urbano para a nova rúa peonil.  A obra foi adxudicada á empresa Ovisa Pavimentos y Obras, cun orzamento de 732.000€, e ten un prazo de execución de 10 meses. “No prazo dun ano a mobilidade no centro de Lugo terá como centro ás persoas coa conversión en áreas de paseo zonas tan emblemáticas como a Mosqueira ou Quiroga Ballesteros” afirmou Rubén Arroxo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.