Avia Veira denuncia que a liña 010 “continúa saturada despois de varios meses de colapso”

Xa no verán pasado, cando se estaba a producir o desconfinamento, o BNG preguntoulle ao Goberno Local que medidas pensaba tomar para resolver a saturación que sofre a liña de atención telefónica 010

Nada se fixo desde entón e o colapso continúa, razón pola que Avia Veiva se volve interesar polo tema a través dunha nova pregunta por escrito. A edil nacionalista pídelle ao Goberno Local que interveña e reforce o servizo. “É algo que se pode facer en uso da Lei de Contratos do Sector Público e é algo que o Goberno Local ten que pór en práctica o máis axiña posíbel”, urxe Veira.

“O que non pode acontecer é que haxa persoas que invistan horas ao teléfono para ver se lle collen no 010 ou persoas que chaman unha e outra vez e non conseguen comunicar con este servizo”, denuncia.

A situación é especialmente grave en plena pandemia. “Hai que ter en conta que o 010 é un paso previo para moita xente acceder hoxe en día aos rexistros mediante cita previa e mesmo hai trámites, como a recolla de voluminosos, que só se poden facer por medio deste servizo”, alega.

“Estes días a alcaldesa apelaba a xente a que non deixase os voluminosos na rúa e a que chamase ao 010”, lembrou a concelleira. “Mais a realidade é que o 010 está colapsado. A alcaldesa e o Goberno Local sábeno perfectamente desde o verán e non tomaron medidas para reforzar o servizo”, conclúe.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.