Concello de Vigo sobre o mercado do Progreso. “O PP e os seus amigos/as están no cinismo infinito”

Ante as declaracións este xoves de algún comerciante do mercado do Progreso, queremos aclarar que é completamente falso que pediran unha entrevista co alcalde nin co concelleiro, e iso réstalles toda credibilidade.

Onte, o concelleiro de Comercio, Ángel Rivas, chamou reiteradamente á xerente do mercado sen que a día de hoxe obtivera resposta algunha. O Partido Popular, opoñéndose ás humanizacións, volve ás súas orixes; queren un Vigo deteriorado.

O PP e os seus amigos/as están no cinismo infinito. É a Xunta de Galicia quen ten que dar as subvencións e axudas ao comercio. O PP de Vigo, co inefable Marnotes ao frente, ten que dirixirse á Xunta e a Feijóo reclamando as axudas para o comercio. O Concello non ten competencia neste ámbito. É o PP de Vigo, mentireiro e manipulador.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.