Deputación A Coruña destina 1,85 millóns de euros para apoiar a 238 pequenas empresas e profesionais autónomos a través da liña de axudas PEL-Emprende

González Formoso afirma que esta liña do PEL “contribúe a consolidar e modernizar o tecido empresarial da provincia, facéndoo máis competitivo”
A liña de axudas de PEL-Emprende da Deputación da Coruña destina este ano 1.859.144 euros para apoiar a 238 empresas de recente creación e autónomos/as da provincia na realización de investimentos vinculados ao desenvolvemento dos seus negocios.
A concesión das axudas publícase hoxe no Boletín Oficial da Provincia e supón un importante apoio económico para que estas 238 empresas poidan adquirir aplicacións informáticas, mobiliario, maquinaria e/ou equipos para procesos de información necesarios para o crecemento, modernización e dixitalización dos seus negocios.
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, afirmou o que “o investimentos desta liña do PEL contribúen a modernizar o tecido empresarial da provincia, facéndoo máis competitivo e permitindo que proxectos emprendedores que empezan de xeito moi modesto, poidan, en poucos anos, chegar a consolidarse e incluso ser referencia no seu sector”.
González Formoso lembrou que a liña EMPRENDE apoia ás empresas de recente creación, completando as liñas PEL-PEMES e PEL-CONCELLOS, que este ano crearon xa 666 empregos directos tanto nos concellos coma nas pequenas empresas da provincia.
A liña PEL-Emprende subvenciona ata un 70% dos investimentos das empresas, con axudas que van dos 2.450 aos 17.500 euros. O 62% dos beneficiarios/as son autónomos, seguidos por un 37% de microempresas, empresas que conta cun máximo de dez traballadores/as.
Máis do 62% das empresas beneficiarias das axudas PEL-Emprende 2020 están dirixidas por mulleres e céntranse sobre todo no sector terciario. Preto dun 90% das empresas beneficiarias enmárcanse neste sector, no que destacan as actividades relacionadas co comercio, a hostalería e o turismo.
O 98% das empresas que reciben axudas do PEL-Emprende 2020 non resultaron beneficiarias na convocatoria anterior e máis dun 9% son empresas creadas no último ano. De novo a Deputación aposta por impulsar as iniciativas emprendedoras de recente creación, na liña doutras accións de apoio ao emprendemento como a posta en marcha da Rede Provincial de Espazos de Coworking, que xa conta con 6 espazos adheridos. Ao coworking do Pazo de Arenaza en Oleiros, buque insignia desta rede, súmanse xa o coworing LAB Barbanza en Boiro, Transformando en Brión, coworking Carballo, coworking A Proa en Ames e Centro Comarcal de Apoio ao Desenvolvemento Rural en Moeche.
Distribución por concellos e comarcas
En canto á distribución das axudas por concellos, en PEL-Emprende Investimento cabe destacar que se van beneficiar 35 empresas e autónomos/as pertencentes ao concello da Coruña, cun importe total concedido de 273.587,20 euros, 15 de Santiago de Compostela con 142.300,66 euros, Ames tamén con 9 solicitudes concedidas e 85.348,96 euros, Fisterra con 9 solicitudes concedidas por un total de 73.490,92 euros, e Vimianzo con 7 solicitudes concedidas e un importe en axudas de 58.067,48 euros. Entre as catro suman 75 das 238 solicitudes concedidas para investimentos, o que supón un 31,51%.
En canto a distribución por comarcas, a da Coruña é a que conta cun maior número de solicitudes concedidas, o 24% do total, o que supón 433.518,76 euros en axudas, seguida da comarca de Santiago, cun 15% das solicitudes e 343.103,48 euros en subvencións e das comarca de Ferrol e Fisterra, cun 8% das subvencións concedidas e 119.788,61 euros e 135.597,83 euros, respectivamente.
Solicitudes concedidas por concello
CONCELLO | CONCEDIDAS | IMPORTE CONCEDIDO |
AMES | 9 | 85.348,96 € |
ARANGA | 2 | 20.440,00 € |
ARES | 1 | 11.904,75 € |
ARTEIXO | 3 | 41.055,00 € |
BERGONDO | 6 | 45.212,19 € |
BETANZOS | 5 | 31.540,60 € |
BOIMORTO | 1 | 16.776,85 € |
BOIRO | 4 | 32.235,08 € |
BOQUEIXÓN | 1 | 15.581,71 € |
BRIÓN | 3 | 14.142,08 € |
CABANA DE BERGANTIÑOS | 3 | 42.350,00 € |
CABANAS | 1 | 3.626,00 € |
CAMARIÑAS | 4 | 37.421,89 € |
CAMBRE | 3 | 11.884,37 € |
CAPELA, A | 1 | 2.509,50 € |
CARBALLO | 2 | 30.210,28 € |
CARNOTA | 2 | 18.542,92 € |
CARRAL | 1 | 4.200,00 € |
CEDEIRA | 3 | 13.095,18 € |
CEE | 6 | 43.663,33 € |
COIRÓS | 2 | 34.727,00 € |
CORCUBIÓN | 1 | 2.450,00 € |
CORISTANCO | 2 | 19.999,00 € |
CORUÑA, A | 35 | 273.587,20 € |
CULLEREDO | 2 | 9.590,00 € |
CURTIS | 2 | 12.671,40 € |
DODRO | 1 | 2.774,95 € |
DUMBRÍA | 1 | 10.472,00 € |
FENE | 2 | 14.270,96 € |
FERROL | 6 | 23.078,30 € |
FISTERRA | 9 | 73.490,92 € |
FRADES | 1 | 15.000,00 € |
IRIXOA | 1 | 12.500,00 € |
LAXE | 1 | 2.590,00 € |
MAZARICOS | 4 | 27.089,73 € |
MELIDE | 4 | 27.867,75 € |
MESÍA | 3 | 13.262,50 € |
MIÑO | 1 | 8.791,37 € |
MONFERO | 2 | 13.035,68 € |
MUROS | 2 | 6.286,00 € |
MUXÍA | 2 | 5.521,58 € |
NARÓN | 3 | 22.128,30 € |
NEGREIRA | 3 | 8.493,41 € |
OLEIROS | 5 | 37.581,00 € |
ORDES | 6 | 53.481,68 € |
OROSO | 1 | 17.500,00 € |
OUTES | 2 | 7.185,48 € |
OZA-CESURAS | 1 | 3.500,00 € |
PADERNE | 1 | 8.225,00 € |
PADRÓN | 2 | 12.109,30 € |
PINO, O | 3 | 20.718,56 € |
POBRA DO CARAMIÑAL, A | 2 | 20.301,39 € |
PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ, AS | 3 | 14.487,07 € |
PORTO DO SON | 2 | 26.950,00 € |
RIANXO | 4 | 50.610,00 € |
RIBEIRA | 4 | 23.445,00 € |
ROIS | 1 | 9.800,00 € |
SADA | 2 | 10.409,00 € |
SAN SADURNIÑO | 1 | 3.209,31 € |
SANTA COMBA | 6 | 23.543,81 € |
SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15 | 142.300,66 € |
SANTISO | 1 | 2.765,00 € |
SOBRADO | 1 | 4.200,00 € |
SOMOZAS, AS | 2 | 15.540,00 € |
TEO | 6 | 74.950,07 € |
TRAZO | 4 | 22.102,50 € |
VALDOVIÑO | 2 | 16.561,81 € |
VEDRA | 1 | 10.780,00 € |
VILASANTAR | 1 | 3.411,30 € |
VIMIANZO | 7 | 58.067,48 € |
ZAS | 1 | 3.990,00 € |
TOTAL | 238 | 1.859.144,16 € |
Solicitudes concedidas por comarca
COMARCAS | CONCEDIDAS | IMPORTE CONCEDIDO |
ARZÚA | 4 | 37.495,41 € |
BARBANZA | 14 | 126.591,47 € |
BARCALA, A | 3 | 8.493,41 € |
CORUÑA, A | 57 | 433.518,76 € |
BERGANTIÑOS | 8 | 95.149,28 € |
BETANZOS | 16 | 135.806,67 € |
EUME | 7 | 33.658,25 € |
FERROL | 20 | 119.788,61 € |
FISTERRA | 19 | 135.597,83 € |
MUROS | 4 | 24.828,92 € |
NOIA | 4 | 34.135,48 € |
ORDES | 15 | 121.346,68 € |
SANTIAGO | 35 | 343.103,48 € |
SAR, O | 4 | 24.684,25 € |
TERRA DE MELIDE | 6 | 34.832,75 € |
TERRA DE SONEIRA | 12 | 99.479,37 € |
XALLAS | 10 | 50.633,54 € |
TOTAL | 238 | 1.859.144,16 € |
Solicitudes concedidas por tipo de empresa
Tipoloxía |
Concedidas |
Autónomo/a | 148 |
Microempresa (de 0 a 10 traballadores/as) | 89 |
Pequena empresa (de 11 a 50 traballadores/as) | 1 |
Mediana empresa (de 51 a 250 traballadores/as) | 0 |
TOTAL | 238 |
Concesión axudas por sectores
SECTOR | SOLCITUDES CONCEDIDAS |
Sector primario: agrícola | 3 |
Sector primario: agropecuario | 0 |
Sector primario: gandeiro | 0 |
Sector primario: outros | 7 |
Sector secundario: construción e reformas | 5 |
Sector secundario: industria en xeral | 3 |
Sector secundario: industria téxtil | 1 |
Sector secundario: outros | 8 |
Sector terciario: comercio | 50 |
Sector terciario: hostalería e turismo | 39 |
Sector terciario: outros | 63 |
Sector terciario: servizos de comunicación | 6 |
Sector terciario: servizos de educación e formación | 9 |
Sector terciario: servizos de saúde | 22 |
Sector terciario: servizos técnicos ou tecnolóxicos | 20 |
Multisectorial | 2 |
TOTAL | 238 |