Deputación A Coruña publica a concesión aos concellos das axudas do PEL-Reactiva, dirixidas a autónomos e microempresas afectadas pola Covid-19

A Deputación achega 10 millóns de euros e os concellos 2,5 para pór en marcha este paquete de axudas, que oscilarán entre 1.500 e 3.000 euros. As axudas solicitaranse a través dos concellos e o prazo remata o 25 de novembro ás 14.00 horas

A Deputación da Coruña publica hoxe no BOP a resolución pola que se aproba a concesión definitiva das subvencións correspondentes ao Fondo de financiamento para a reactivación económica e social da provincia da Coruña, PEL-Reactiva.

A Deputación achega 10 millóns de euros para este novo programa, ao que se sumaron 88 dos 90 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes. A achega provincial compleméntase con outros 2,5 millóns achegados polos concellos, polo que o orzamento total do PEL-Reactiva alcanzará os 12,5 millóns de euros que se distribuirán entre os  profesionais autónomos/as e microempresas cuxo negocio se vise afectado pola pandemia da Covid-19.

A Deputación, consciente da delicada situación que atravesan moitos autónomos/as e microempresas polo contexto de incerteza actual, duplicou este ano o investimento destinado a Emprego, que supera xa os 23 millóns de euros na anualidade 2020.

O presidente provincial, Valentín  González Formoso, defendeu recentemente a creación de emprego como «o eixo principal de todas as políticas da Deputación da Coruña» e explicou que, debido á pandemia, houbo un importante traballo de reorganización orzamentaria para dotar de fondos a un plan que pretende ser «un apoio masivo e necesario para os autónomos e as pequenas empresas da provincia”. Así mesmo, o presidente destacou a importancia de “crear sinerxias” e “traballar de forma coordinada entre distintas administracións”, cun programa “que conta coa colaboración esencial dos concellos”.

En PEL-Reactiva, o reparto de fondos aos concellos realizase de forma absolutamente obxectiva, baseándose no número de autónomos/as e microempresas de cada municipio, de ahí que o reparto dos 10 millóns de euros oscile entre os 11.271,99 euros concedidos ao concello de Toques e os 550.578,18 euros concedidos a Carballo.

Os concellos tramitarán as axudas

A partir da vindeira semana, serán os concellos os que pasen a canalizar todas as solicitudes do seu tecido empresarial para distribuír os 12,5 millóns de euros que conforman o programa. Nos 5 días hábiles seguintes a á publicación da resolución de asignación de fondos de hoxe, os concellos deberán remitir a súa convocatoria específica de axudas á Base de Datos Nacional de Subvencións para rexistrala e publicala no BOP.

Ao día seguinte da publicación da convocatoria por parte de cada concello no BOP, os autónomos/as e microempresas poderán solicitar directamente no seu concello as axudas, que se rexistrarán de xeito telemático a través das distintas Sedes Electrónicas municipais.

Estas axudas da liña PEL-Reactiva poderán solicitalas os autónomos, autónomas e microempresas con domicilio fiscal nalgún dos 88 concellos adheridos ao fondo, que se viran afectadas polo peche do negocio durante o estado de alarma, así coma aquelas que viran reducida a súa facturación en máis dun 75% ou se acolleran a un ERTE como consecuencia da situación de crise sanitaria orixinada pola COVID-19.

As subvencións, compatibles con outras prestacións municipais, oscilarán entre os 1.500 euros para traballadores por conta propia sen traballadores ao seu cargo e os e os 3.000 euros aos que poden optar as microempresas e autónomos/as que conten cun cadro de persoal de entre 6 e 9 traballadores/as.

Os fondos poderán ser destinados, entre outras cuestións, a gastos de adaptación e acondicionamento dos negocios á nova realidade derivada da pandemia como pode ser a compra de mamparas de protección, a adquisición de produtos hixiénicos e de limpeza, material antiséptico ou desinfectante, así como a gastos correntes de subministracións de auga, luz, gas, etc.

O prazo de solicitude destas axudas por parte das microempresas e profesionais autónomos iniciarase a partir do día seguinte ao da publicación no BOP da convocatoria específica de axudas de cada concello e finalizará ás 14:00 horas do día 25 de novembro de 2020.

Todas as solicitudes tramitaranse de xeito telemático a través das Sedes Electrónicas dos concellos, que poden ser consultadas na páxina web de PEL-Reactiva:

Listaxe de concellos adheridos e importe do fondo asignado a cada un deles:

REPARTO DE FONDOS PEL-REACTIVA POR COMARCAS
COMARCA DA CORUÑA
17 CONCELLOS AXUDA DA DEPUTACIÓN   (80%) ACHEGA MUNICIPAL  (20%) TOTAL                  (IMPORTE A XUSTIFICAR)
Abegondo 69.769,70 € 17.442,43 € 87.212,13 €
Aranga 21.183,56 € 5.295,89 € 26.479,45 €
Arteixo 443.688,66 € 110.922,16 € 554.610,82 €
Bergondo 158.585,17 € 39.646,29 € 198.231,46 €
Betanzos 244.096,78 € 61.024,20 € 305.120,98 €
Cambre 342.435,14 € 85.608,78 € 428.043,92 €
Carral 90.370,23 € 22.592,56 € 112.962,78 €
Culleredo 398.212,03 € 99.553,01 € 497.765,04 €
Curtis 78.126,52 € 19.531,63 € 97.658,15 €
Irixoa 13.409,78 € 3.352,44 € 16.762,22 €
Miño 85.511,61 € 21.377,90 € 106.889,52 €
Oleiros 468.176,08 € 117.044,02 € 585.220,10 €
Oza-Cesuras 55.776,89 € 13.944,22 € 69.721,12 €
Paderne 26.430,86 € 6.607,72 € 33.038,58 €
Sada 226.411,43 € 56.602,86 € 283.014,28 €
Sobrado 23.127,00 € 5.781,75 € 28.908,76 €
Vilasantar 14.187,15 € 3.546,79 € 17.733,94 €
TOTAL 2.759.498,59 € 689.874,65 € 3.449.373,25 €

 

COMARCA DE FERROLTERRA-ORTEGAL
20 CONCELLOS AXUDA DA DEPUTACIÓN   (80%) ACHEGA MUNICIPAL (20%) TOTAL                (IMPORTE A XUSTIFICAR)
Ares 57.720,34 € 14.430,08 € 72.150,42 €
Cabanas 46.642,70 € 11.660,67 € 58.303,37 €
Cariño 52.473,03 € 13.118,26 € 65.591,29 €
A Capela 12.049,36 € 3.012,34 € 15.061,70 €
Cedeira 110.193,37 € 27.548,34 € 137.741,72 €
Cerdido 14.187,15 € 3.546,79 € 17.733,94 €
Fene 135.846,86 € 33.961,71 € 169.808,57 €
Mañón 14.381,50 € 3.595,37 € 17.976,87 €
Moeche 18.074,05 € 4.518,51 € 22.592,56 €
Monfero 22.543,97 € 5.635,99 € 28.179,96 €
Mugardos 51.306,97 € 12.826,74 € 64.133,71 €
Narón 457.292,78 € 114.323,20 € 571.615,98 €
Neda 53.639,10 € 13.409,78 € 67.048,88 €
Ortigueira 93.091,05 € 23.272,76 € 116.363,81 €
Pontedeume 110.193,37 € 27.548,34 € 137.741,72 €
AS Pontes 148.479,25 € 37.119,81 € 185.599,07 €
San Sadurniño 29.346,03 € 7.336,51 € 36.682,54 €
As Somozas 13.798,46 € 3.449,62 € 17.248,08 €
Valdoviño 68.797,98 € 17.199,49 € 85.997,47 €
Vilarmaior 11.466,33 € 2.866,58 € 14.332,91 €
TOTAL 1.521.523,65 € 380.380,89 € 1.901.904,57 €

 

COMARCA DE BERGANTIÑOS-COSTA DA MORTE
16 CONCELLOS AXUDA DA DEPUTACIÓN   (80%) ACHEGA MUNICIPAL (20%) TOTAL                  (IMPORTE A XUSTIFICAR)
Cabana de Bergantiños 55.971,24 € 13.992,81 € 69.964,05 €
Camariñas 82.013,41 € 20.503,35 € 102.516,76 €
Carballo 550.578,18 € 137.644,54 € 688.222,72 €
Cee 149.256,63 € 37.314,16 € 186.570,79 €
Cerceda 68.603,63 € 17.150,91 € 85.754,54 €
Corcubión 23.515,69 € 5.878,92 € 29.394,62 €
Coristanco 78.515,21 € 19.628,80 € 98.144,01 €
Dumbría 30.123,41 € 7.530,85 € 37.654,26 €
Fisterra 56.359,93 € 14.089,98 € 70.449,91 €
A Laracha 148.090,56 € 37.022,64 € 185.113,21 €
Laxe 46.254,01 € 11.563,50 € 57.817,51 €
Malpica 93.091,05 € 23.272,76 € 116.363,81 €
Muxía 59.663,78 € 14.915,95 € 74.579,73 €
Ponteceso 86.872,02 € 21.718,01 € 108.590,03 €
Vimianzo 128.461,76 € 32.115,44 € 160.577,20 €
Zas 89.009,81 € 22.252,45 € 111.262,27 €
TOTAL 1.746.380,32 € 436.595,07 € 2.182.975,42 €

 

COMARCA DE BARBANZA
11 CONCELLOS AXUDA DA DEPUTACIÓN   (80%) ACHEGA MUNICIPAL (20%) TOTAL                  (IMPORTE A XUSTIFICAR)
Boiro 267.223,79 € 66.805,95 € 334.029,73 €
Carnota 48.197,45 € 12.049,36 € 60.246,82 €
Lousame 24.876,11 € 6.219,03 € 31.095,13 €
Mazaricos 51.306,97 € 12.826,74 € 64.133,71 €
Muros 101.059,18 € 25.264,79 € 126.323,97 €
Noia 243.708,09 € 60.927,02 € 304.635,12 €
Outes 77.737,83 € 19.434,46 € 97.172,29 €
A Pobra do Caramiñal 126.129,63 € 31.532,41 € 157.662,03 €
Porto do Son 112.719,85 € 28.179,96 € 140.899,82 €
Rianxo 129.433,49 € 32.358,37 € 161.791,86 €
Ribeira 370.615,10 € 92.653,78 € 463.268,88 €
TOTAL 1.553.007,49 € 388.251,87 € 1.941.259,36 €

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.