Deputación e Concello de Betanzos asinan o convenio para as obras de restauración do Pasatempo

Valentín González Formoso, María Barral e Xosé Regueira asinaron hoxe na Deputación o acordo de colaboración, que suporá un investimento de 525.000 euros. As obras permitirán recuperar os case 700 metros cadrados da zona do estanque do Retiro

A Deputación da Coruña e o Concello de Betanzos dan luz verde a un investimento de 525.000 euros para comezar a restauración do parque enciclopédico do Pasatempo, na localidade brigantina.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, a alcaldesa de Betanzos, María Barral Varela, e o vicepresidente, Xosé Regueira, asinaron hoxe na sede da institución provincial o convenio para o financiamento da primeira fase dos traballos, que permitirán recuperar os case 700 metros cadrados da zona do estanque do Retiro cun investimento de 525.000 euros, dos que 419.944 serán achegados pola institución provincial e 104.986 polo Concello de Betanzos.

Formoso, Barral e Regueira expresaron a súa satisfacción por un acordo que permitirá comezar por fin as tarefas de recuperación dun ben patrimonial tan singular e representativo de Betanzos e insistiron en demandar o apoio da Xunta de Galicia para acometer a rehabilitación integral do espazo, declarado Ben de Interese Cultural o pasado mes de febreiro.

Os fondos empregaranse para a recuperación dos elementos máis deteriorados do parque debido a súa antigüidade e ao efecto da auga: o Estanque do Retiro e o seu templete, un espazos máis representativos do Pasatempo, que precisa dunha actuación urxente para evitar a súa destrución. As obras incluirán a recuperación de todos os elementos escultóricos, pictóricos e arquitectónicos desta área e estenderanse ao longo dun ano e medio debido á complexidade dos mesmos.

O estanque do Retiro conta con case 700 metros cadrados e está escavado a 5 metros de profundidade. No seu centro ubícase un templete de inspiración oriental, que conta cunha ornamentación única na que destacan elementos tan eclécticos e representativos coma a Torre de Hércules, imaxes de indios remando e mulleres baleirando os seus cántaros.

Ademáis de evitar a perda dos elementos, as obras prentenden recuperar este espazo e garantir a súa seguridade para que poda ser visitable e un punto de inflexión para a recuperación do resto de elementos únicos do parque.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.