Esta fin de semana a Casa-Museo Manuel María muda de horario para ser visitada

O horario de outono-inverno estará vixente até o mes de abril incluído

A Casa-Museo Manuel María muda de horario, para ser visitada, esta primeira fin de semana de outubro. As persoas interesadas en visitar a casa natal de Manuel María, en Outeiro de Rei, e coñecer o interesantísimo legado que esta acolle, poderán facelo dentro do novo horario de outono-inverno (até o mes de abril incluído), sábados e festivos, de 11 a 14 e de 16.30 a 19.30 hrs, e domingos, de 11 a 14. Desde a Casa-Museo recoméndase chamar previamente ao 698177621, ou escribir un whatsapp ou un correo electrónico a casamuseomanuelmaria.gal co fin de que na Casa-Museo tan só estean presentes as persoas que a visitan.

Os percursos guiados polas estancias da Casa-Museo teñen por finalidade achegar a traxectoria vital e literaria de Manuel María. No seu interior, entre outras cousas, pódese ver a biblioteca de Manuel María que contén unha das mellores coleccións particulares do libro galego ou sobre Galiza desde a potsguerra, un fondo artístico con obras de destacados pintores galegos contemporáneos, documentación imprescindíbel para coñecer a historia de Galiza da última metade do século XX, mobiliario e obxectos persoais do escritor…

Sábado, ás 18 hrs, espectáculo de maxia con Martín Camiña

Será o mago Martín Camiña o primeiro en inaugurar a programación cultural da nova temporada no auditorio da Casa-Museo e farao o sábado, ás 18 hrs, co espectáculo “Feitizos e ilusións”. Dirixido para nenas e nenos, a partir de 6 anos, e as súas familias.  As persoas interesadas nesta actividade teñen que facer reserva previa no correo electrónico contacto@casamuseomanuelmaria.gal

Foto: Arantxa Carricoba (Fundación Manuel María)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.