EU advirte ao Goberno central que “o investimento no Corredor Mediterráneo non pode facerse en detrimento do Corredor Atlántico”

Esquerda Unida lembra que o Corredor Ferroviario Atlántico “é absolutamente imprescindible para frear a progresiva perda de emprego industrial que sofre Galicia e o norte de España, mellorar as conexión económica con Portugal e incrementar polo tanto, a competitividade económica de toda a rexión”

Nos últimos días coñeceuse ao través dos medios de comunicación que o Goberno central plantexa triplicar os fondos dedicados ao desenvolvemento do corredor mediterráneo a costa dos fondos procedentes da UE para a pandemia de Covid-19. Sen embargo, non existe polo momento ningunha noticia de que os vindeiros orzamentos do Estado conteñan partidas semellantes para poñer en marcha o corredor atlántico.

Esquerda Unida lembra que “o Corredor Ferroviario Atlántico é absolutamente imprescindible para frear a progresiva perda de emprego industrial que sofre Galicia e o norte de España, mellorar as conexión económica con Portugal e incrementar polo tanto, a competitividade económica de toda a rexión”.

O Congreso aprobou por unanimidade fai menos dun mes una iniciativa orientada a esixir ao Goberno Central que ambos corredores fosen incluídos no Plan Nacional de Recuperación e o propio Presidente do Goberno prometía novamente fai uns días levar a cabo o corredor Atlántico no XXXI Cumio Luso-Español. Sen embargo, as novas que proveñen do Goberno non semellan asegurar que ese investimento quede reflexado nas vindeiras contas orzamentarias.

Esquerda Unida lembra que “resulta imprescindible que a conexión Galicia-Porto sexa incluída no Corredor Atlántico como rede básica e que o Ministerio estableza un plan específico para desenvolver o antes posible tanto estas infraestruturas coma o conxunto do corredor Atlántico”, polo que dende a formación instan ao Goberno Central a apostar nos vindeiros orzamentos do Estado polas mesmas e advirte que “o investimento no Corredor Mediterráneo e noutras infraestruturas non pode facerse de ningunha maneira en detrimento do desenvolvemento da liña Atlántica”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.