EU denuncia a improvisación da Xunta de Galicia nas medidas de restrición adoptadas hoxe en relación ao coronavirus

Dende Esquerda Unida valoran como unha improvisación o feito de que a Xunta de Galicia publique as novas medidas de peche perimetral e prohibición de reunión de convivintes quince minutos antes da súa entrada en vigor

A complexa situación sanitaria e o incremento de casos de Covid-19 en Galicia «deberían ter feito que a Xunta de Galicia tomase medidas para restrinxir a interacción social con máis antelación e dando tempo tanto ás familias como ás empresas a adaptarse e non agardar ao inicio da ponte de defuntos para tomar esta decisión» sinalan dende EU.

“O pasado luns o Presidente Feijóo compareceu para criticar o Estado de Alarma e non anunciar ningún tipo de medida, a pesar de que o resto de comunidades estaban adoptando decisións de peche dos seus territorios. É irresponsable agardar a última hora cando as familias xa teñen organizados os seus desprazamentos e cando moitos negocios, incluída a hostelaría, ten mercadoría adquirida para esta fin de semana que suporá unhas perdas que terían sido evitables.” sinala Eva Solla, Coordinadora Nacional de Esquerda Unida.

Esquerda Unida denuncia ademais “o absurdo de que onte se tivese reunido o Conselleiro de Sanidade con varios alcaldes e alcaldesas e non se lles houbese anticipado a posibilidade destas medidas. Un feito que transparenta a ausencia de colaboración da administración autonómica coas entidades locais” manifesta Solla.

Esquerda Unida chama á Xunta de Galicia a tomarse máis en serio a gravidade sanitaria da pandemia e o seu impacto económico e abandonar a improvisación na que está instalada.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.