EU denuncia o desabastecemento de vacinas da gripe nos centros de saúde galegos

Esquerda Unida denuncia que “a pésima previsión da Xunta de Galicia nas necesidades de abastecemento dos diferentes tipos da vacina antigripal está a causar a imposibilidade de vacinar á poboación de diversos concellos cando aínda estamos ao inicio da campaña de vacinación”

O pasado 13 de outubro daba comezo a campaña de vacinación antigripal anual no SERGAS. Este ano, marcado pola pandemia da Covid-19, a Xunta de Galicia decidiu administrar tres tipos de vacinas para reforzar a cobertura das persoas maiores que viven en residencias, así como facer un chamado a ampliar a vacinación para aquelas persoas convivintes ou próximas que poidan contaxiar a gripe a maiores ou persoas enfermas crónicas.

Non se pode entender, que nunha situación na que se está a facer desde a administración autonómica un chamado masivo para ampliar a cobertura de vacinación da poboación, ao mesmo tempo non se prevexa o necesario remanente para evitar o desabastecemento”, declaran dende EU.

En palabras de Eva Solla, Coordinadora Nacional de Esquerda Unida, “a peor situación se está a dar no caso da vacina tetravalente para os menores de 65 anos. Por primeira vez se ampliou a poboación diana, para que fosen vacinarse as persoas convivintes con persoas vulnerables e agora resulta que non hai vacina para todos os menores de 65. É unha irresponsabilidade, porque se está a desprotexer ás persoas enfermas crónicas de menos de 65, que deberían estar a vacinarse e non saben cando o van poder facer.”

Solla remarca: “É positivo que se amplíe a poboación diana, pero non a costa de este caos. Non se entende como pode haber desabastecemento só dez días despois de comezar a campaña. Hai centros de saúde que non volven dar citas a quen llas anulan. Son os pacientes os que están obrigados a chamar seguido para saber se xa hai vacinas no seu centro o que non favorece desconxestionar os teléfonos dos centros.”

Esquerda Unida solicita á Xunta de Galicia que “corrixa cantos antes este problema de abastecemento e que dote aos centros de saúde de persoal suficiente para poder facer fronte ao incremento da demanda de vacinación”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.