EU reúnese con CCOO para abordar a situación do ferrocarril en Galicia

Esquerda Unida reuniuse en Compostela co sector ferroviario das Comisións Obreiras para abordar a situación na que se atopa o ferrocarril en materia de infraestruturas e servizos que presta á cidadanía.

O continuo desmantelamento que está a sufrir o sector público é evidente, e o ferrocarril non é alleo a este proceso de privatización. “Lonxe de establecer un sistema de transporte público e colectivo que vertebre e cohesione o país, estamos a ver como o deterioro deste servizo vai en aumento” manifesta Eva Solla, cordinadora nacional de Esquerda Unida.

A situación derivada da Covid19 puxo máis en evidencia un proceso xa avanzado de desmantelamento do tren como medio de transporte público colectivo. Con motivo desta situación de pandemia as medidas adoptadas no sector, como foi a redución de frecuencias horarias tras a declaración do estado de alarma, vemos como a día de hoxe aínda non foron restablecidas a pesares das demandas das e dos usuarios.

Pero os recortes nos servizos xa veñen de antes, o peche escalado de estacións e apeadeiros xunto co consecuente peche da venta de billetes e polo tanto de persoal, como aconteceu recentemente no Barco de Valdeorras pero que previamente xa tiña pasado noutros lugares. A supresión de liñas como acontece coa provincia de Lugo, o abandono do eixo Cantábrico, a falta de persoal do servizo de a bordo, todo elo son síntomas dun evidente proceso de deterioro que camiña cara a privatización total deste servizo público.

“Baixo a desculpa da pandemia, estamos vendo como se aceleran os recortes nos servizos públicos para achairar o camiño en beneficio das compañías privadas que tras a liberalización do sector, comezarán a operar no estado neste mes de decembro de 2020” afirma Solla.

Por todo isto, Esquerda Unida considera fundamental o reforzamento dun sistema de transporte público e colectivo que vertebre e comunique o país como é o ferrocarril.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.