FilMesturas inicia a súa singladura no Centro Cívico da Cidade Vella

Hoy venres 9 de outubro comeza o certame de curtametraxes en línguas minorizadas FilMesturas 2020, farao cunha sesión ás 19 h no Centro Cívico da Cidade Vella onde se proxectarán sendas pezas de Os Bolechas e Cocorico, expoñentes do audiovisual infantil galego. Ademáis parasare un filme de animación infantil deste mesmo 2020 “Incas vs. Covid-19” realizado en idioma quechua e unha curtametraxe sobre o suicidio na preadolescencia “Ayaw Ko Na”, producción filipina rodada en tagalo.

O mestre e educador social David Neira tomará a palabra xunto co presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira e a presidenta da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, Patricia Varela, nun coloquio centrado na importancia do uso da língua propia nos primeiros anos da vida. Para asistir a esta xornada de apertura abonda con enviar un whatsapp ao 619604627.

 

Xosé Antón Moure, Xurxo Couto e David Neira na presentación do certame.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.