Galiza Nova. #TransporteSeguroXa e aumento das frecuencias

Dende Galiza Nova A Coruña observamos cunha fonda preocupación a falta de seguridade no interior do Transporte Público da cidade. Co comezo do curso escolar no mes de Setembro, evidenciouse a falta dun plan serio por parte do Concello que protexa á mocidade do contaxio da Covid ao non garantirse un espacio de distanciamento seguro. Os estudantes dos Institutos, dos centros de Formación Profesional e da Universidade Da Coruña ven como cada día que pasa o risco aumenta e ninguén fai nada para evitalo nin arranxalo.

É preciso que o Concello obrigue á empresa concesionaria “Tranvías da Coruña” aumentar a frecuencia de autobuses á hora de entrada e saída dos centros educativos. Non se poden volver a repetir as lamentables imaxes de vehículos ateigados de rapaces que, ante a ausencia doutra alternativa, vense na obriga de arriscar a saúde para chegar ás aulas.

O Concello da Coruña non pode mirar a outro lado nun asunto desta gravidade, e esiximos que cumplan co pacto de investidura de 2019 asinado co BNG no que se promete o aumento das frecuencias, a ampliación das liñas ou a urxente modificación do obsoleto mapa de liñas. Si xa era necesario o ano pasado, agora, coa situación de excepcionalidade que vivimos, é primordial.

#TransporteSeguroXa

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.