Lugo. A estrada provincial que une Xove co Portiño de Morás estará cortada dende este luns ata o venres por mor das obras

A Deputación de Lugo informa de que se vai realizar un corte de tráfico na estrada LU-P-2601, no Concello de Xove, por mor dos traballos de mellora que se están efectuando nesta estrada que conecta o centro da capitalidade co Portiño de Morás. A interrupción da circulación farase dende este luns ata o venres, e afectará ao primeiro quilómetro da vía.

A institución provincial instalará previamente sinalización informativae habilitará desvíos, co obxectivo de que o corte afecte o mínimo posible aos usuarios desta vía. Os traballos que se van realizar durante esta semana consisten na execución dos marcos prefabricados para dotar de máis capacidade hidráulica unha pequena ponte de pedra pola que pasa a estrada.

Estas obras, nas que a Deputación de Lugo inviste 270.000€, afectan a case 3 quilómetros da vía, dende o punto quilométrico 0,4 ata o 2,85. Consisten na ampliación do ancho da plataforma para ter dous carrís de 2,75 metros cada un, drenaxe, afirmado e pavimentación con aglomerado en quente. Estímase que estes traballos queden rematados a mediados do mes de novembro, sempre e cando as condicións meteorolóxicas sexan favorables.

Esta estrada que se está acondicionandoconecta a capitalidade do concello mariñano co Portiño de Morás, dando servizo á veciñanza das parroquias de Lago e Morás e tamén aos traballadores e traballadoras de varias empresas instaladas nesta zona.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.