Máis de 30 Colectivos entregan as Alegacións ao DAE das Percebeiras

“A urbanización das Percebeiras: o proxecto que non precisamos”

Na mañá de hoxe, xoves 15 de outubro, foron entregadas as alegacións ao DAE
(Documento Ambiental Estratéxico) referente ao Plan Especial Labañou – PE M18 no rexistro da Xunta de Galicia en Monelos.
Estas alegacións foron asinadas por máis de 30 colectivos, entre os que se atopan colectivos do propio barrio de Labañou como a nosa asociación, o Sin Querer C.F.,o Calvo Sotelo Cf, o ANPA do colexio de Prácticas ou a Real Institución Benéfico Social Padre Rubinos.

Estas alegacións tamén foron asinadas por asociacións ecoloxistas como ADEGA, Ecoloxistas en Acción, Verdegaia, Reforesta Coruña, Friday for future Coruña e Ferrol. Colectivos sectoriais como Comisión Aberta en Defensa do Común, Ergosfera, Hábitat Social Coop, Colectivo Improvistas, Colectivo Anomias, GAM Vivenda e Mobiliza.

Centros sociais e entidades veciñais como AVV Agra do Orzán, AVV Oza-Os Castros, AVV Monte Alto, SRDC Tempo Novo, Centro Social Gomes Gaioso, A Comuna.

Os sindicatos CIG, CUT e CGT, así como a asociación Refuxios da memoria.
E os partidos políticos Marea Atlántica, BNG, ANOVA e Podemos.

O prazo das alegación remata o 26 de outubro. Ata esa data a A.VV de Labañou  seguirá recollendo asinaturas de entidades, colectivos  e vecindario. “Todo o apoio é necesario para evitar que se poida aprobar e executar un proxecto na Agra das  Percebeiras  tan negativo para a fachada marítima da cidade en xeral e para o barrio de Labañou en particular” aseguran dende a Asociación.

Estas alegacións poden ser consultadas aquí

“As alegacións poñen de manifesto que a cidade non necesita este proxecto, desde que se aprobou o actual PXOM a cidade mesmo perdeu habitantes e ademais a cidade seguindo as cifras oficias ten case 20000 vivendas valeiras”.

O que si necesita Coruña é incrementar as súas zonas verdes, que a pesar de verse incrementadas nos últimos anos, debido a construcción do Parque de Bens. Actualmente ten 10,31 metros cadrados por habitante moi por baixo do recomendado pola UE(15 metros cadrados por habitante)”.

Estamos no ano 2020 e non pode ser que o borde litoral non sexa protexido, temos que coidar a nosa fachada marítima e coidar esta agra das percebeiras, desde onde se ve a Torre de Hércules, estas vistas teñen que ser protexidas xa que así o di o PXOM na ficha detallada. Pero é que ademáis hai que protexer o mirador que hai desde a Torre de Hércules e non apantallar desde o outro lado da bahía o noso barrio, hai que coidar a paisaxe desde os dous lados da Coruña, desde Labañou a Monte Alto”.

Esta actuación urbanizadora de moi elevada edificabilidade e intensidade edificatoria, nesta peza estratéxica do noso borde litoral, é unha contradicción respecto a a distintas estratexias, acordos e declaracións de distintas administracións como a Axenda Urbana 2030 ou a Estratexia Galega de Economía circular”.

Outra das cousas que destacan as alegacións é a infracción das normas de aplicación directa por parte do proxecto. Unha das que incumple é Plan de Ordenación do Litoral xa que impide que as edificación formen pantallas que alteren a paisaxe. Ademáis o POL obriga a atender as relacións de escala, que claramente se incumpre dos edificios fronte ao  seu vivendas máis cercanas que son as do Grupo María Pita.

371 vivendas poderían supoñer un incremento poboacional de 965 persoas, ao aumentar a densidade do barrio provocarías problemas de tráfico na avenida de Labañou. Ademáis so se incrementaría 60 aparcamentos en superficie dos que xa hai, co que se incrementaría o problema de aparcamento no barrio.

Polo exposto nas alegacións consideramos que o mellor para o barrio é para A Coruña é modificar puntualmente o PXOM e destinar estar parcela a sistema dotacional público para zonas verdes e espazo libre”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.