Mañá domingo finaliza a IV edición da SELIC

 Mañá, 18 de outubro, finaliza a IV edición da Semana do Libro de Compostela, coa representación de Malcriada, a cargo de Esther Carrodeguas e o pianista Velpister. Será no espazo da lavandería situada na rúa das Hortas, e no caso de choiva, na Fundación Torrente Ballester. Na organización da SELIC, que desenvolve o concello de Santiago, colaboran Afundación, a Fundación Eugenio Granell, a USC e a Fundación Torrente Ballester. O seu principal obxectivo é visibilizar e dar a coñecer o potencial editorial e literario da nosa cidade, pero tamén pretende ser un escaparate de fomento da lectura.

Na SELIC participan editoriais, librarías, autores e autoras e demais partes do tecido literario da cidade, cunha programación baseada na defensa do libro e da literatura como eixo importante do desenvolvemento persoal e social. Neste edicion, miltiplicouse e descentralizouse o número de actividades, 45 en total, ás que hai que sumar dúas exposicións.

Obradoiros para nenos

Contou con dezaseis expositores, repartidos entre os espazos de Afundación, na rúa do Vilar, e o comedor do Colexio de Fonseca; e presentáronse libros, desenvolvéronse roteiros guiados, así como conversas, actividades infantís, etc.
Toda esta multiplicidade de accións desenvolveuse e estase a desenvolver baixo parámetros e protocolos de total seguridade, axustándonos á normativa vixente: limitando o número de persoas asistentes, e garantido as distancias e as medidas de seguridade necesarias.

Roteiros

A xornada de mañá complétase cun paseo literario feminista por Santiago de Compsotela, que sairá ás seis da tarde da igrexa de Belvís, outro roteiro ás 12:00 h. denominado “Compostela Vermella” con Arantza Portabales como guía; un contacontos, tamén ao mediodía; a presentación do libreo “Polo rego. A universidade do campo”, con Carme Freire, Rosendo Luís Estévez e Isidro Dozo ás 12:30 h.; e un paseo guiado, ás 10:30 h. polos xardíns de Fonseca na procura de plantas silvestres aproveitables.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.