Marea Veciñal de Touro. A Garda Civil tivo que poñer orde no ateigado centro médico de Touro

A falla de medios no Centro de Saúde de Touro vén sendo denunciada dende distintos ámbitos e mesmo se chegou a formar unha plataforma veciñal para defender o servizo.
A situación aínda se agravou máis nos últimos días até o extremo de que nin sequera é posible facer de xeito telefónico simples xestións como pedir unha cita.

As persoas usuarias despois de levar días tentando comunicarse co seu centro de saúde, finalmente teñen que acudir de xeito presencial mesmo para efectuar xestións sinxelas como as receitas; un trámite que debería facer de xeito inmediato e vía telefónica. O pasado martes, durante toda a mañá o consultorio estivo ateigado de xente á porta, chegando a ser requirida a presenza da Garda Civil a última hora.
A desatención que se vén padecendo, agora na situación actual de pandemia expón á veciñanza a  situacións de risco inadmisibles.
É esperpéntico, ademais de expoñer á poboación a riscos e molestias, que haxa que acudir de xeito presencial e facer esperas de máis dunha hora para solicitar unha cita, mentres as consultas médicas son preferentemente telefónicas.
A Marea Veciñal de Touro, ante a falla de actuación do Alcalde, presentou unha demanda directamente á Xerencia Sanitaria de Santiago instando a que se repoña a normalidade no Centro de Saúde e se preste o servizo de saúde co debida atención e calidade.

Un comentario

  • Ramón Mata Espiñeira

    Os veciñ@s de Touro acudiron o Centro de Saúde despóis de non querer coller o telf, contan que chamaron dúas mañás seguidas é nada. O de chamar a garda civil…pra qué???
    O alcalde de Touro unha vergoña

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.