Mercedes Queixas visitará Oleiros para coñecer a situación nos distintos centros de ensino do concello

Participará ás 14 horas na concentración que, como cada venres, convoca a comunidade escolar do CEIP A Rabadeira e manterá unha reunión coa ANPA do CEIP Luís Seoane de Mera

Este venres 2 de outubro, a deputada do BNG no Parlamento de Galiza Mercedes Queixas Zas, responsábel das áreas de Ensino e Cultura no grupo parlamentario nacionalista, visitará Oleiros para coñecer os problemas que se están a dar en diversos centros educativos neste inicio de curso.

Queixas asistirá á concentración semanal que convoca a comunidade educativa do CEIP A Rabadeira de Oleiros ás 14 horas para, posteriormente, ás 16, reunirse coa directiva da ANPA do CEIP Luís Seoane, que está a traballar para tentar resolver a situación que están a vivir dúas familias, derivada das novas normas relacionadas coa COVID-19 e a falta de persoal de apoio para complementalas.

Esta visita dá continuidade á moción impulsada polo BNG que aprobou o Pleno municipal celebrado o pasado xoves 24 de setembro, que incidía na improvisación da Consellaría de Educación á hora de inaugurar o curso e a escasa atención ás necesidades tanto do profesorado como das familias.

Mercedes Queixas estará acompañada na súa visita a Oleiros polo portavoz municipal nacionalista Fran Rei e varios membros da asamblea local do BNG.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.