O alcalde de Culleredo, Rioboo, abre o camiño a suprimir a participación cidadá

Ata o 24 deste mes poden facerse achegas previas para a elaboración dun borrador de Regulamento Municipal de Participación Cidadá que paradoxicamente xa está redactado polo goberno municipal.Neste borrador vemos como desaparece ese 25% de participación veciñal na elaboración do orzamento, xa non para cambiar a porcentaxe senón para eliminalo do texto que temos vixente hoxe en día.
O Goberno Municipal, en 2017, nun alarde de modernidade decidiu que o 25% dos investimentos anuais serían decididos pola veciñanza. Pouco lles durou aquela febre pasaxeira.O BNG ten impulsado de sempre a participación cidadá no noso Concello. Nos últimos anos temos colaborado a que puideran expresar a súa voz nos Plenos varios colectivos aos que afectaba o que alí de decidía. Tamén temos impulsado a participación veciñal na elaboración dos orzamentos.
O texto tamén converte en inviables participacións veciñais nos plenos que temos visto nos últimos anos como a participación do colectivo de mariscadores, a ANPA do colexio Sofía Casanova, as asociacións de Orro e Ledoño, o alumnado do bacharelato da Universidade Laboral e outras.
Desde o BNG iniciamos unha campaña para informar á veciñanza de que compre pararlle os pés ao Sr. Rioboo neste novo chanzo de autoritarismo e desprezo cara á veciñanza.