O Castelo de Santa Cruz iluminarase de verde en apoio ao Día do Dano Cerebral e do Ictus

O Castelo de Santa Cruz iluminarase esta noite de cor verde polo Día do Dano Cerebral como apoio ás reivindicacións do movemento asociativo agrupado arredor desta doenza

O Concello de Oleiros atendeu a petición de ADACECO, a Asociación de Dano Cerebral da Coruña, co obxectivo de sensibilizar a sociedade sobre as necesidades que teñen as persoas cun problema deste tipo como consecuencia dun ictus, un accidente, un tumor…

Con este xesto, o Concello de Oleiros súmase aos actos convocados para este día. Son moitas as persoas que precisan dunha atención rehabilitadora máis aló da que se está a prestar na actualidade desde a sanidade pública.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.