O Concello de A Coruña aposta pola mellora nas contornas dos colexios

Segundo a alcaldesa, Inés Rey, optimizaranse as infraestruturas e a mobilidade nas inmediacións dos centros educativos Anxo da Garda, Juan Fernández Latorre, Zalaeta, Sal Lence e Pardo Bazán

O Concello da Coruña mellorará as contornas escolares  dos colexios Anxo da Garda, Juan Fernández Latorre, Zalaeta, Sal Lence e Pardo Bazán, co  obxectivo de mellorar tanto as proximidades inmediatas como a accesibilidade e os  percorridos seguros cara os centros educativos. Este proxecto enmárcase dentro da  Estratexia EidusCoruña e está financiado en un 80% polo Fondo Europeo de  Desenvolvemento Rexional (FEDER).

A alcaldesa, Inés Rey, destaca o compromiso do concello coa mellora da accesibilidade dos  centros educativos da cidade: “Somos un goberno que escoita as demandas da veciñanza, e  proba disto son as obras xa acometidas durante este ano de mandato na cidade en materia  de seguridade nos accesos a varios colexios como o Víctor López Seoane, en Monte Alto,  onde se mellorou a vía Ártabra, ou a contorna do colexio Raquel Camacho”. Rey tamén  lembrou outras intervencións como a peonalización da rúa Monte das Moas, na contorna do  centro escolar do Anxo da Garda, ou a reurbanización da rúa Victoria Fernández España en  que se peonalizou esta vía que dá acceso ao IES Menéndez Pidal de Zalaeta. En Novo  Mesoiro, sinala, tamén se habilitou unha parada de autobús escolar e un novo paso de  peóns que afectan ambos os dous á mellora da contorna do novo centro educativo de Novo  Mesoiro.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.