O Concello de Padrón asina un acordo coa consellería de Política Social para a construción dunha residencia

O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, e a conselleira de Política Social, Fabiola García, asinaron esta mañá un convenio polo que a Xunta financiará con 18.000 euros a redacción do proxecto da futura residencia de maiores da localidade. A residencia estará situada na contorna da Azucarera, nunha parcela de titularidade municipal que conta con 6.000 metros cadrados. O espazo ocupará 3.000 metros cadrados e, en principio, ofertará un total de 59 prazas.

O alcalde de Padrón explicou que a residencia dotará dun novo servizo para as persoas da terceira idade en toda a comarca de Padrón e sinalou que “este é un servizo moi necesario na nosa contorna”, así destacou que “dende o executivo que dirixo pretendemos que este espazo se destine a actividades de promoción da autonomía persoal e prevención da dependencia. En definitiva, que mellore a vida dos nosos maiores dotándoos de maior calidade de vida”.

Pola súa parte, a conselleira de Política Social agradeceu ao alcalde de Padrón e a súa corporación “a insistencia por continuar crendo cada día novos servizos para poñelos a disposición dos seus veciños, motivo polo cal hoxe firmamos este convenio de colaboración”. Neste sentido, lembrou que este servizo sumarase a outras prestacións como o Servizo de Axuda no Fogar, o Xantar na Casa ou a Teleasistencia, que permiten que as persoas maiores poidan seguir vivindo nas súas casas.

Así mesmo, a conselleira tamén fixo fincapé en que as familias do Concello de Padrón poderán beneficiarse dun servizo de conciliación no que o Goberno galego é pioneiro no conxunto de España como é a gratuidade da escola infantil para segundos fillos e sucesivos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.