“O Concello de Touro reparte xel non homologado”
O Concello de Touro repartiu entre a veciñanza xel hidroalcólico que non garante a desinfección das mans fronte ao coronavirus; para o que é necesario un produto con eficacia viricida
O produto adquirido polo Concello de Touro e distribuído porta a porta polas concelleiras e concelleiros do PP local e algúns exconcelleiros do mesmo partido non garante a desinfección de mans con eficacia viricida ante o COVID-19. Trataríase, en todo caso, dun producto de limpeza ou hixiene, pero non un produto de desinfección. Así é que este produto non esta recollido no listado de antisépticos de pel sana con eficacia viricida pola Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios (AEMPS), o organismo competente no proceso de avaliación para o seu rexistro, autorización e comercialización.
Tampouco na etiquetaxe do mesmo constan as propiedades desinfectantes ou eficacia viricida conforme a normativa de aplicación (Norma UNE-EN 14476:2014+A1:2015: Antisépticos e desinfectantes químicos); nin sequera se garante a concentración mínima de alcol que recomenda a Organización Colexial de Enfermería.
«Estes feitos poden supoñer un risco para a veciñanza fronte ao COVID-19 ao crear un falsa sensación de seguridade e protección que en ningún caso garante o produto. Deste xeito, o grupo Veciñal de Touro insta ao Alcalde a que de modo urxente informe á veciñanza porta a porta, do mesmo xeito que fixeron o reparto do produto, de que o uso deste produto non sexa en ningún caso substitutivo da desinfección das mans».
Si o contido non importa….o alcalde non é pediatra….logo que facemos.
O alcalde Codesido segue no desgoberno de Touro. Vividor@s dónde os den
Ni en la farmacia me lo venden homologado (o pago el doble y si) , esto de los geles es todo una mafia o pagas o no te lo analizan e incluyen en su lista de Homologación.
O xel repartido polo Concello si ten unha concentración mínima de alcohol do 70% que é o que se require para a eliminación do virus. Que non se atope no listado do AEMPS tampouco quere dicir que non sexa eficaz para a desinfección fronte ao virus, acaso pensades que todolos xeis que se atopan no mercado español se atopan neste listado. Hay cousas bastante máis importantes que facer que intentar sacarlle o lado negativo a todo o que fai o Concello porque algúns se estiverades ahi igual o faciades bastante peor e nin mascarillas repartiades entre a veciñanza. Hay que saber recoñecer as derrotas e non falar tanto e demostrar máis porque vos tampouco cumplides todo o que prometedes.