“O Concello pode suspender o procedemento do Plan de Percebeiras-Labañou”

A asociación de veciñas/os precisa nun comunicado que cando o Plan se presentou a tramitación no Concello xa estaba fora do prazo previsto para o PXOM. “Nada impide que un Plan en trámite sexa obxecto de suspensión no seu procedemento nin nada impide a modificación do PXOM para Percebeiras”

“O Goberno local minte cando afirma que, a diferencia do que se propón para As Xubias,  non pode suspender a tramitación do Plan das Percebeiras porque está en trámite”. “E minte polas razóns seguintes”:

1.- O 31 de outubro de 2018, cando os promotores do Plan das Percebeiras presentan por rexistro de entrada no Concello o seu Plan para Percebeiras, xa tiñan transcorridos os prazos máximos  previstos no PXOM para dar comezo á sua tramitación.

O PXOM determina no seu art. 1.1.8 que en solo urbano non consolidado (caso do polígono das Percebeiras) “o prazo máximo para iniciar en solo urbano non consolidado é de catro anos, contados a partir da entrada en vigor do Plan Xeral”.

O contido normativo do PXOM publicouse no BOP de 09/07/2013, entrando en vigor aos 15 dias de dita publicación.

En consecuencia, cando o 31/10/2018 os promotores presentaron a trámite o Plan xa se tiña excedido o prazo máximo que establece o PXOM da Coruña.

2.- Con independencia do anterior, o feito de que o Plan estea en trámite ambiental en nada impide a suspensión de tramitación do seu procedemento. Nin hai norma legal que o impida nin doctrina xurisprudencial que o prohiba.

Ao contrario, o que hai, e ben a coñece o goberno, é reiterara Xurisprudencia de doctrina que ampara a extensión da suspensión de licenzas aos procedementos en trámite, inclusive a dos instrumentos de planeamento.

E ben a coñece o goberno local porque menciónao expresamente no seu informe-proposta complementario para a suspensión de licenzas e instrumentos de planeamento para a área das Xubias-Burgo. En tal informe mencionanse ata 2 sentenzas do TSXG e unha do Tribunal Supremo que avalan a suspensión dos instrumentos de planeamento en trámite.

E a suspensión de tal tramitación afecta a todos os instrumentos en trámite, con independencia da fase na que estean, moito mais cando, como é o caso, a tramitación do Plan das Percebeiras está na sua fase inicial (trámite ambiental). O goberno local pode suspender o Plan das Percebeiras pero non o fai por simple razón de que non quere.

En consecuencia, o goberno local minte. Non hai argumento legal que soporte a contraditoria decisión de promover Percebeiras e suspender nas Xubias-Burgo. E non so non hai sustento legal senon que inaplica para Percebeiras os informes municipais que amparan a suspensión para Xubias-Burgo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.