O Conselleiro Delegado de Corporación Hijos de Rivera, Ignacio Rivera, abrirá o curso da Facultade de Economía e Empresa da UDC cunha conferencia inaugural

O Conselleiro Delegado de Corporación Hijos de Rivera, Ignacio Rivera, impartirá a conferencia inaugural deste curso da Facultade de Economía e Empresa, o vindeiro xoves, 22 de outubro as 11:30 h., no salón de actos do centro. O aforo é limitado polas restricións Covid-19 e precísase inscrición previa para asistir presencialmente en , emitirase tamén a través da canle de televisión da UDC.

Ao acto de apertura acudirá o reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, o decano da Facultade, Manuel Gómez Suárez, e o director da Cátedra Hijos de Rivera-UDC de Desenvolvemento Sustentable, o profesor da UDC Ángel Fernández Castro.

Foto: O reitor da UDC, Julio Abalde, e o Conselleiro Delegado de Corporación Hijos de Rivera, Ignacio Rivera, asinaron o convenio de creación da Cátedra Hijos de Rivera-UDC de Desenvolvemento Sustentable en febreiro do pasado ano.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.