O goberno municipal de Touro aproba unha relación de postos de traballo que descrimina por razón de xénero

O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria celebrada o 25 de setembro de 2020, acordou por maioría dos votos a favor das concelleiras/os dos grupos do PP, do BNG e do PsdG (8 votos a favor) e cos votos en contra (3) do grupo da Marea Veciñal de Touro, o seguinte:

 

“Aprobar a Relación de Postos de Traballo do Concello de Touro (co correspondente organigrama incorporado).

 Os concelleiros do grupo Veciñal de Touro votaron en contra deste acordo por vulnerar os dereitos fundamentais das persoas e por ser discriminatorio por razón de xénero.

O referido acordo de 25 de setembro de 2020, en concreto o organigrama a que fai referencia o seu punto primeiro, VULNERA DEREITOS DEREITOS FUNDAMENTAIS DAS PERSOAS como é a non discriminación por razón de sexo.

O organigrama da Relación de Postos de Traballo aprobada polo Pleno é discriminatoria cas mulleres. Son datos (non opinións) que no documento aprobado polo Pleno, en canto ao Persoal Laboral os postos de traballo feminizados (que teñen que ver cos coidados ás persoas) e desempeñados por mulleres teñen unha asignación salarial (en todos os casos sen excepción) moi inferior aos postos de traballo en xeral desempeñados por homes (manexo de maquinaria) e que neste caso están sendo ocupados por homes. Repito, en todos os casos sen excepción:

1.- No mesmo grupo (V), o posto de traballo feminizado (auxiliar de axuda no fogar) desempeñado por muller ten unha asignación salarial entre 3.283 euros e 5.233 euros menos que os postos de traballo en xeral desempeñados por homes (e neste caso ocupados por homes).

2.- Un posto de traballo feminizado e ocupado por muller, para acadar unha asignación salarial equiparable a un posto de traballo ocupado por homes, necesita de estar dous grupos por riba. Un posto feminizado de grupo III pode chegar a unha asignación salarial equiparable a un posto de grupo V desempeñado por homes.

3.- No grupo (IV) o posto de traballo feminizado (coidado a persoas – Punto de Atención a Infancia) ocupado por muller ten unha asignación salarial inferior en case 3000 euros que un posto de traballo de dous grupos inferiores non femenizado (conductor tractor).

4.- O posto de auxiliar administrativa de servizos sociais ocupado por muller ten unha asignación salarial inferior en 7.000 euros ao posto de funcionario (non feminizado) que lle é homologable.

 

 

Un comentario

  • Ramón Mata Espiñeira

    Isto ten unha resposta:
    Cando nun concello(Touro) as eleccións sindicais non son libres, hai que pagar os favores. A delegada no grupo de funcionario @s tén unha suba salarial de 4.000 euros a proposta do secretário Pedreira máis Codesido.
    O secretário Pedreira temos que pagarlle agora a súa postulación a delegado..
    As cousas están pra ser contadas

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.