O Liceo é o invitado de honor para pañar os derradeiros D.O.P. Pementos de Herbón

O plantel viaxará a Padrón a recollelos e posteriormente servilos comovagasallo aos asistentes ao próximo partido no Pazo dos Deportes

As pementeiras de Herbón contarán cunha axuda moi especial para pañar os derradeiros pementos da tempada con D.O.P. protexida Pementos de Herbón. O equipo do Hockey Club Liceo de A Coruña visitará este xoves pola mañá a parroquia de Herbón, no municipio de Padrón, coa intención de coñecer máis de preto este manxar que este ano forma parte da imaxe publicitaria da Campaña de Abonados do Clube.

Os xogadores serán recibidos pola presidenta do Consello Regulador da D.O.P. Pementos de Herbón, Milagros González, que lles dará a coñecer en primeira persoa os segredos deste tesouro gastronómico padronés.

O Liceo lanzou recentemente a Campaña de Abonados 2020 baixo o lema “Axúdanos a gañar o campionato máis picante! Quince equipos cataláns vs. un equipo galego. Nós contra todos. Axúdasnos? Abónate xa!”, promocionando os abonos para a nova tempada cun cartel publicitario cheo de pementos amarelos e vermellos, e xusto enriba deles un pemento de Herbón. Simbolizan así a súa participación na OK Liga, sendo o único clube de fóra de Cataluña que disputará o evento este ano cun engadido: serán 15 os seus contrincantes e non 13, como en anteriores ocasións.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.