O Pazo de San Marcos tínguese de rosa polo Día Internacional da Loita contra o Cancro de Mama

A fachada do Pazo de San Marcos iluminarase este luns de cor rosa e nela está instalada unha pancarta conmemorativa como mostra do apoio da Deputación de Lugo á loita contra o cancro de mama. Con estes actos, a institución provincial amosa a súa sensibilidade con esta doenza e súmase á campaña da AECC (Asociación Española Contra o Cancro) polo Día Internacional da Loita contra o Cancro de Mama.

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, destacou o apoio do organismo provincial ás mulleres afectadas por esta enfermidade e ás súa familias, ademais de reivindicar a necesidade de seguir promovendo a investigación médica.

Esta mañá, a Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, e o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participaron nun acto conmemorativo na Praza Maior de Lugo, co que colabora a Asociación Española Contra o Cancro, a Deputación e o Concello lucense.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.