O Plan Único da Deputación financia as obras de construción da rede de saneamento de San Vicente de Vigo, en Carral

As obras acaban de saír a licitación por 133.705 euros

O Concello de Carral vén de sacar a licitación as obras de construcción da primeira fase da rede de saneamento que dará servizo ao núcleo de San Vicente de Vigo, en Carral.

Os traballos, cun orzamento de 133.705,77 euros, serán financiados íntegramente cos fondos do Plan Único (POS+2019) da Deputación da Coruña e suporán a construción dunha nova rede que se conectará á rede xeral de saneamento do municipio para que as augas residuais sexan convenientemente tratadas na depuradora, evitando verquidos que causan deterioro ambiental.

Executarase un novo colector de saneamento que comeza no lugar de Ameás e cruzará a estrada provincial DP 1704 á altura do PK 7+500 para conectarse co rede xeral de saneamento nunha zona próxima á EDAR de San Vicente de Vigo.

A rede constará de dous ramais de tubería de polipopileno de 345 e 123 metros de lonxitude, respectivamente, e dun tramo principal de 1.379 metros de lonxitude con 44 pozos de rexistro, que transportará os verquidos recollidos nas vivendas da zona onde se ubican os citados ramais.

Das 319 obras que financia este ano o Plan Único nos municipios da provincia da Coruña, 65 corresponden a proxectos de saneamento e abastecemento de auga, que suman un investimento cercano ao 7 millóns de euros.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.