O PSdeG constitúe dez grupos de traballo para construír “unha Galicia de progreso, con futuro e que protexa á cidadanía”

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, mantivo hoxe unha xuntanza cos dez coordinadores dos grupos de traballo constituídos polos socialistas para “nutrir” a comisión parlamentaria para a reconstrución de Galicia e cifrou en 20.000 millóns de euros as inversións en iniciativas públicas e público-privadas que fan falta, no horizonte 2021-2027, para “remontar a crise máis profunda do noso país”.

 

“Temos que establecer estratexias e sinerxias para mobilizar 20.000 millóns de euros de inversións en iniciativas públicas e público-privadas incorporando fondos europeos e de todas as administracións”

Ao fío disto, o líder do PSdeG recordou que esta semana Feijóo presentou distintos proxectos ao amparo dos fondos comunitarios “con moita parafernalia pero pouco contido” sobre o efecto deses proxectos no desenvolvemento de Galicia. “Falta”, dixo, “unha definición das liñas de acción estratéxicas”

O PSdeG traballará “con firmeza, con propostas e con solvencia” na comisión de reconstrución do Parlamento galego, “por unha Galicia de progreso, con futuro e que protexa á cidadanía” ante esta crise.

u.“Queremos pedir a PP e BNG que entendan que esta comisión é moi relevante, e que hai que dar tempo ás comparecencias e avaliar con madurez o ditame, para dar a Galicia as propostas que merece para remontar esta crise”, reivindicou Gonzalo Caballero, e asegurou que esa será a postura do PSdeG.

GRUPOS DE TRABALLO

Canto aos grupos de traballo, nunha xornada na que tamén participou Guillermo Meijón como coordinador dos deputados socialistas galegos no Congreso e o eurodeputado do PSdeG, Nicolás González Casares, Gonzalo Caballero explicou que servirán para reunir expertos en cada eido e para recibir tamén propostas da militancia e da sociedade en xeral.

O primeiro dos grupos é o centrado na ‘Reconstrución económica e reactivación industrial’, que dirixirá Xoaquín Fernández Leiceaga; mentres que o de Sanidade recae en Julio Torrado, o de Política Social coordinarao Marina Ortega, Luis Álvarez estará a cargo do de Educación e Noa Díaz asumirá Cultura.

Pola súa banda, o vicesecretario xeral do PSdeG, Pablo Arangüena, coordinará os traballos de ‘Medio ambiente e transición ecolóxica’, Icía García dirixirá os de Igualdade, do Medio Rural encargarase Martín Seco, Paloma Castro traballará no eido de ‘Xustiza, dereitos, liberdades e memoria democrática’ e Patricia Otero estará a fronte do grupo de Pesca.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.